Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
 Asignaturas
  Xestión da Información Dixital
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B2 B3 B4 B7 B9 C1
Proba teórica dirixida a avaliar o grao de coñecemento acadado polos estudantes en relación cos contidos da materia.
40
Estudo de casos A6 A12 B1 B5 B6 B8 C7 C6 Avaliación do desenvolvemento e resolución dos casos propostos na materia. Considerarase especialmente o compoñente crítico-reflexivo e o grao de innovación proposto polo estudante na resolución dos problemas plantexados. 30
Prácticas a través de TIC A13 B10 B11 C2 Avaliarase o grao de coñecemento e xestión dos programas e plataformas empregadas para o desenvolvemento das prácticas propostas. 30
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia, é preciso obter unha nota media de 5 sobre 10 que se calculará atendendo ás porcentaxes sinaladas para cada metodoloxía no apartado de avaliación. Será imprescindible obter un mínimo de 4 sobre 10 na proba mixta (exame), nos estudos de caso e nas prácticas a través das TIC, de non ser así a nota global da materia non será superior a 4,5. Non se avaliarán traballos entregados fóra de prazo ou non acordados coa profesora previamente cando sexa preciso. Unha vez realizado un dos traballos dos estudos de casos ou das prácticas, se as restantes entregas da metodoloxía non se entregan nos prazos establecidos cualificaranse cun 0. Este será tamén o caso dos traballos que non cumpran coas instrucións prescritas para a súa elaboración ou que fosen copiados ou plaxiados. A cualificación será de non presentado (N. P.), cando non se entregue ningún dos traballos dos estudos de casos ou das práctica a través das TIC ou non se asista ao exame. 


 SEGUNDA OPORTUNIDADE: 

Poderán presentarse á segunda oportunidade UNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. Respectaranse as mesmas condicións e porcentaxes da primeira oportunidade. Gardaranse as notas relacionadas coas diferentes metodoloxías mencionadas no apartado de avaliación que resultasen aprobadas, polo que os alumnos poderán recuperarán só a parte/partes que teñan suspensas. Será obrigatorio comunicar a laos profesores como se abordará a avaliación nesta segunda oportunidade. Cando sexa preciso, será obrigatorio ter acordados os temas dos estudos de casos e/o prácticas como mínimo un mes antes da data fixada para o exame pola Facultade de Humanidades. Para presentarse ao exame (proba mixta) será requisito imprescindible presentar previamente os traballos dos estudos de casos e das prácticas a través das TIC no prazo que se sinale. 

 ALUMNOS CON DEDICACIÓN A TIEMPO PARCIAL O DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIA ÁS AULAS LEGALMENTE RECOÑECIDA: 

Terán que acordar unha titoría nas dúas primeiras semanas de clase co fin de establecer un plan de traballo idóneo e de entregas para a a primeira oportunidade. Se os alumnos non solicitan esa primeira titoría nas dúas primeiras semanas de clase, entenderase que optan por presentar os traballos nas mesmas datas co resto do alumnado. Na segunda oportunidade, as datas de entrega límite serán as mesmas que para o resto do alumnado. O resto das condicións serán as mesmas que para os outros alumnos
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes