Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
 Asignaturas
  Metodoloxía da Investigación en Información e Documentación
   Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Proba obxectiva
Traballos tutelados
Portafolios do alumno
Descrición
Atención personalizada a través de titorías individualizadas ou en grupo, nas que se tratarán todos os problemas. Fixarase un horario de titorías que, seguindo as directrices da UDC para este curso académico, serán online. Nas titorías atenderanse asuntos relativos ás 3 metodoloxías empreagdas nesta materia.
Realizaranse titorías individualizadas nas que se abordarán dudas, interpretacións e outras cuestións vinculadas coos contidos da materia e os traballos.
Este tipo de atención terá especial peso nos traballos tutelados, para os cales a docente irá marcando as pautas a seguir en cada caso, podendo propor as variacións ou modificacións necesarias.
Apoio directo ás cuestións plantexadas no desenvolvemento das diferentes prácticas.
Con carácter xeral, e en todas as metodoloxías aplicadas, e si a situación o permite, utilizaranse tamén as titorías presenciais, o correo electrónico e Moodle, a plataforma informática da UDC.
NOTA:

De maneira específica, as medidas de dedicación para o “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” son as que seguen:

-Os/as alumnos/as deben porse de acordo coa profesora para fixar varias titorías coa fin de seguir a materia con efectividade.

-Deben asistir a clase o mínimo de horas fixadas no regulamento.

-Deben realizar tanto o examen como as prácticas, as lecturas e el traballo.

-As datas de entregas oficiais fixadas para os/as alumnos/as que asisten a clase non aplican para estos/as alumnos/as quenes entregarán todo o que haia que entregar como muy tarde 15 días antes do exame oficial.

Aqueles alumnos/as que dispoñen de algún tipo de dispensa oficial para asistir a clase deben comunicarllo á profesora e asistir a titorías previamente acordadas para que poidan facer un bo seguemento da materia. É imprescindible que estos/as alumnos/as asistan ao mínimo de clases oficialmente fixado e que realicen as tarefas de clase.

Este tipo de atención terá especial peso nos traballos tutelados, para os cales a docente irá marcando as pautas a seguir en cada caso, podendo propor as variacións ou modificacións necesarias.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes