Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
 Asignaturas
  Metodoloxía da Investigación en Información e Documentación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A3 A6 A13 A14 A16 A21 A22 B1 B5 B7 B9 C8 C1 Proba final. Adecuación das respuestas dadas ás cuestións propostas na proba. 40
Traballos tutelados A1 A4 A6 A12 A13 A14 A15 A20 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C1 C2 C3 C6 C7 C8 Adecuación ás pautas marcadas (contidos e presentación), aplicación de coñecementos adquiridos, proceso de investigación, fontes usadas e bibliografía proporcionada, e entrega dentro dos plazos establecidos.
30
Portafolios do alumno A1 A3 A6 A16 A21 A22 B5 B7 B9 C1 C8 Computará a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas persoais, a claridade na formulación e estrutura, a capacidade de síntese, a redacción e presentación, fontes e bibliografía utilizada. 30
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia, é preciso obter unha nota media de 5 sobre 10 que se calculará atendendo ás porcentaxes sinaladas para cada metodoloxía no apartado de avaliación. Será imprescindible obter un mínimo de 4 sobre 10 na proba mixta (exame), no traballo tutelado e no portafolios, de non ser así a nota global da materia non será superior a 4,5. Non se avaliarán traballos entregados fóra de prazo ou non acordados coa profesora previamente cando sexa preciso. Unha vez realizado un dos traballos do portafolios, se as restantes entregas da metodoloxía non se entregan nos prazos establecidos cualificaranse cun 0. Este será tamén o caso dos traballos que non cumpran coas instrucións prescritas para a súa elaboración ou que fosen copiados ou plaxiados. A cualificación será de non presentado (N. P.), cando non se entregue ningún dos traballos do portafolios, o traballo tutelado ou non se asista ao exame. 

 SEGUNDA OPORTUNIDADE: 

Poderán presentarse á segunda oportunidade UNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. Respectaranse as mesmas condicións e porcentaxes da primeira oportunidade. Gardaranse as notas relacionadas coas diferentes metodoloxías mencionadas no apartado de avaliación que resultasen aprobadas, polo que os alumnos poderán recuperarán só a parte/partes que teñan suspensas. Será obrigatorio comunicar á profesora como se abordará á avaliación nesta segunda oportunidade. Cando sexa preciso, será obrigatorio ter acordados os temas dos traballos tutelados como mínimo un mes antes da data fixada para o exame pola Facultade de Humanidades. Para presentarse ao exame (proba mixta) será requisito imprescindible presentar previamente os traballos tutelados e os resumos dos seminarios no prazo que se sinale. 

ALUMNOS CON DEDICACIÓN A tempo parcial Ou DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIAS Ás AULAS LEGALMENTE RECOÑECIDA: 

Terán que acordar unha titoría nas dúas primeiras semanas de clase co fin de establecer un plan de traballo idóneo e de entregas para a a primeira oportunidade. Se os alumnos non solicitan esa primeira titoría nas dúas primeiras semanas de clase, entenderase que optan por presentar os traballos nas mesmas datas co resto do alumnado. Na segunda oportunidade, as datas de entrega límite serán as mesmas que para o resto do alumnado. O resto das condicións serán as mesmas que para os outros alumnos

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes