Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
 Asignaturas
  Xestión e Industria Cultural
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Portafolios do alumno Cartafol de traballo dos alumnos que deben entregar no/s prazo/s estipulado/s pola profesora. Incluirá as distintas actividades realizadas en clase: resumenes ou esquemas, test, exercicios prácticos... Permitirá profundar sobre os contidos e realizar o seguimento dos coñecementos adquiridos.
Traballos tutelados Realización por parte do alumnado dun traballo autónomo orientado á profundización nos contidos da materia, baixo a vixilancia e seguemento da profesora. Proporcionaranse instrucións precisas para a súa realización.
Presentación oral Ao longo das clases procurarase a interacción entre o alumnado e profesorado de modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. Os alumnos terán que falar de/expoñer os traballos prácticos que realicen. Poderase requirir unha exposición do traballo tutelado na aula, co apoio dunha presentación multimedia de diapositivas.
Sesión maxistral Exposición oral dos contidos básicos da materia, elaborados e expostos pola docente, que pode apoiarse en medios audiovisuais. Abordaranse cuestións teóricas e/o prácticas necesarias para o desenvolvemento do traballo tutelado e traballos do portafolios.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes