Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
 Asignaturas
  Mundo Editorial e Industrias Culturais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A1 A3 A12 A22 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Computará a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas persoais, a claridade na formulación e estrutura, a capacidade de síntese, a redacción e presentación, fontes e bibliografía utilizada. 40
Traballos tutelados A1 A3 A12 A22 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Valorarase a adecuación ás pautas marcadas para cada actividade, o contido, as achegas por parte dos alumnos, a coherencia da súa estructura, a redacción e presentación. Poderán especificarse outros criterios de avaliación particulares no momento da presentación das actividades aos alumnos. 50
Presentación oral A1 A3 A12 A22 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Terase en conta a participación nas aulas expoñendo ou traballo propio relación co portafolios e o traballo tutelado. Valorarase a calidade do traballo e a profundidade da reflexión realizadas, así como a corrección e claridade expositiva. 10
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE: 


Para aprobar a materia, é preciso obter unha nota media de 5 sobre 10 que se calculará atendendo ás porcentaxes sinaladas para cada metodoloxía no apartado de avaliación. Será imprescindible obter un mínimo de 4 sobre 10 no portafolios e o traballo tutelado, de non ser así a nota global da materia non será superior a 4,5. Non se avaliarán traballos entregados fóra de prazo ou non acordados coa profesora previamente cando sexa preciso. Unha vez realizado un dos traballos do portafolios, se as restantes entregas da metodoloxía non se entregan nos prazos establecidos cualificaranse cun 0. Este será tamén o caso dos traballos que non cumpran coas instrucións prescritas para a súa elaboración ou que fosen copiados ou plaxiados. A cualificación será de non presentado (N. P.), cando non se entregue ningún dos traballos do portafolios ou o traballo tutelado, 

SEGUNDA OPORTUNIDADE: 

Poderán presentarse á segunda oportunidade UNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. Realizarase unha proba mixta (exame) co valor do 50% e entregásese o traballo tutelado (50%). Gardaranse as notas relacionadas coas diferentes metodoloxías mencionadas no apartado de avaliación que resultasen aprobadas na primeira oportunidade, polo que os alumnos entregarán só o traballo tutelado (se aprobaron o portafolios) ou realizarán só o exame (se aprobaron o traballo tutelado). Será obrigatorio comunicar á profesora como se abordará a avaliación nesta segunda oportunidade. Será obrigatorio acordar coa docente previamente o tema do traballo tutelado, se non se fixo durante o curso, como mínimo, un mes antes da data fixada para o exame pola Facultade. Para presentarse ao exame, é requisito imprescindible presentar previamente o traballo tutelado. A cualificación será de non presentado (N. P.), se non se concorre ao exame ou non presenta o traballo tutelado.

A proba mixta (exame): método de avaliación dos coñecementos e habilidades adquiridos polo alumnado, podendo combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta curta (pechada ou non) e outras algo máis extensas para que o alumno reflexione sobre os contidos tratados na materia. Valorarase a adecuación das respostas ás preguntas expostas, o nivel de coñecementos demostrado, a ausencia de erros, as achegas persoais, así como a capacidade do alumnado para sintetizar, desenvolver, comparar ou relacionar de forma autónoma o contido teórico-práctico da materia. Terase en conta a expresión, corrección ortográfica e presentación, que poderán restar puntos.
 
ALUMNOS CON DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL OU DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIAS Ás AULAS LEGALMENTE RECOÑECIDA: 

Terán que acordar unha titoría nas dúas primeiras semanas de clase co fin de establecer un plan de traballo idóneo e de entregas para a a primeira oportunidade. De non realizarse esa primeira titoría na que se acordará unha data de entrega alternativa, entenderase que o alumno opta por presentar os traballos na mesmas datas que o resto do alumnado. 

Poderán ser dispensados da participación nas aulas (o 10% de "presentación oral"), tendo neste caso o portafolios o valor do 50%. Na segunda oportunidade, non haberá diferenzas no sistema de avaliación en relación co proposto para o resto do alumnado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes