Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
 Asignaturas
  Tratamento de Datos Masivos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A6 A7 A8 A13 A20 A21 A22 Proba individual sobre contido teórico-práctico 40
Traballos tutelados A1 A6 A7 A8 A13 A20 A21 A22 Avaliarase a calidade dos traballos realizados 60
 
Observacións avaliación
PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Para aprobar a materia é obrigatorio:
  • UNHA NOTA MÍNIMA de 3 (sobre 6) en traballos tutelados.
  • UNHA NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 4) na proba obxectiva.
Se non se obtén a nota mínima nos traballos tutelados ou na proba obxectiva, a nota máxima global da materia non será superior a 4,5.

Calquera alumno que non se presente á proba obxectiva terá a cualificación de NON PRESENTADO.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Só poderán optar á segunda oportunidade aqueles alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade. As condicións son as mesmas que na primeira oportunidade, incluíndo a nota mínima en ambas as partes. Se un alumno/a decide non facer algunha das partes, manterá a cualificación obtida a primeira vez nesa parte.

Calquera alumno que non opte pola recuperación de dúas partes algunha terá a cualificación de NON PRESENTADO.

RENUNCIA ACADÉMICA

Dado que a asistencia ás clases presenciais non é obrigatoria, terán as mesmas condicións que o resto do alumnado aquel alumnado con matrícula a tempo parcial e con dispensa académica que o exima da asistencia ás clases.

OPORTUNIDADE AVANZADA

Utilizaranse os mesmos criterios que nas oportunidades normais.

FRAUDE ACADÉMICO

A comisión de fraude académico será penalizada de acordo co establecido nas "NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DOS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO"  e no "REGULAMENTO DISCIPLINAR DO ESTUDANTADO" da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes