Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
 Asignaturas
  Mundo Contemporáneo e Globalización
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Mundo Contemporáneo e Globalización Código 710G04038
Titulación
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Vázquez Lijó, José Manuel
Correo electrónico
j.m.vlijo@udc.es
Profesorado
Vázquez Lijó, José Manuel
Correo electrónico
j.m.vlijo@udc.es
Web http://http://humanidades.udc.es
Descrición xeral Análise panorámica das dinámicas políticas e socioeconómicas mundiais desde o século XIX ata o presente
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se levarán a cabo 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: todas as sinaladas na guía docente, agás as Saídas de Campo e a Discusión Dirixida. As sesións das clases maxistrais reorientarase á explicación sintética de contidos fundamentais e da diversa potencialidade informativa e ao correcto uso das fontes documentais. Traballarase con recursos web (pezas destacadas e visitas virtuais de museos ), con textos dixitalizados polo propio docente ou con materiais de audio e/o vídeo dispoñibles on line. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico. De luns a venres. Para consultas, resolución de dúbidas e titorización de traballos - Moodle: Luns e martes. O alumnado disporá de foros temáticos asociados aos módulos da materia - Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o desenvolvemento dos contidos teóricos na franxa horaria da materia segundo o calendario docente da titulación. 4. Modificacións na avaliación Non se producen cambios salientables no método que consta na guía docente, agás que: - A proba obxectiva consistirá nun exame tipo test elaborado a partir dunha síntese de contidos da materia, que o docente porá a dispor don alumnos en Moodle - A asistencia presencial non computará como criterio de cualificación dende o momento en que se suspenda a presencialidade docente - Asistencia/participación nas actividades docentes o Alumnado con dedicación completa: un mínimo de 80% o Alumnado con adicación a tempo parcial e/ou dispensa académica: un mínimo do 60% - Requisitos para superar a materia: o Asistir e participar regularmente nas actividades da clase, cumprindo os prazos de entrega das tarefas académicas de obrigada realización o Acadar a nota global dun 5 no cómputo global das actividades obxecto de avaliación
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes