Esta materia introduce e describe os conceptos básicos da estatística, comezando pola estatística descritiva de unha o máis variables, pasando pola teoría de probabilidades, o concepto de variable aleatoria e as distribucións de probabilidade. Ademais, tendo en conta a súa crecente importancia, introduciranse as series de tempo (datos característicos dos procesos de dixitalización), os indicadores bibliométricos, da calidade das bibliotecas e os números índice. Tamén se introducirá o sofware estatístico R e as súas diversas aplicacións.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Ningunha
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
*Metodoloxías docentes que se modifican
Sesión maxistral, Prácticas a través de TIC e Estudo de casos serán impartidas por teledocencia ( Teams). A Proba obxectiva realizarase de modo non presencial por Moodle.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Atenderanse as consultas do alumnado por correo electrónico dous días á semana. Se fose necesario poderanse facer titorías individuais por Teams concertándoas previamente por correo electrónico.
4. Modificacións na avaliación
Ningunha
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías