Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación
 Asignaturas
  Taller de Habilidades Informacionais e Dixitais: Xestión, Publicación e Promoción de Contidos Dixita
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A22 A17 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C6 C7 Valorarase a calidade dos traballos realizados: adecuación ás pautas marcadas, contido, aplicación dos coñecementos adquiridos, resolución dos problemas, e entrega do traballo no prazo establecido. Poderase pedir a realización de defensas orais dos traballos.

Non se avaliarán os traballos presentados fóra de prazo ou aqueles que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
60
Proba mixta A22 A17 B5 B7 B8 B9 B10 B11 C7 Proba individual escrita sobre os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos na materia. 40
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Para aprobar a materia é obligatorio:

  • Unha NOTA MÍNIMA de 3 (sobre 6) nos traballos tutelados.
  • Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 4) na proba mixta.

De
non obter a nota mínima nos traballos tutelados ou na proba mixta, a
nota máxima global da materia non será superior a un 4,5.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba mixta.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán
presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que
non superen a materia na primeira oportunidade. As condicións da avaliación mantéñense con respecto á primeira oportunidade. Por outro lado, se
un/unha estudante decide non realizar a recuperación de algunha das
partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha dúas partes.

DISPENSA ACADÉMICA

Dado que a asistencia ás sesións presenciais non é obligatoria,
aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica
que lles exima da asistencia ás clases terán as mesmas condicións que o
resto do alumnado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes