Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Materiais Complexos: Análise Térmica e Reoloxía (plan 2012)
 Competencias do título


TipoA Código  
  Investigador
  AI1 Configurar e realizar ensaios mediante as técnicas de análise térmica e reoloxía máis adecuadas en cada caso, dentro do ambito dos materiais complexos
  AI2 Identificar e valorar os distintos tipos de materiais complexos
  AI3 Coñecer os distintos tipos de comportamento térmico e reolóxico dos materiais
  AI4 Coñecer e aplicar técnicas estatísticas á análise de datos procedentes de ensaios de materiais complexos
  AI5 Comprender a relación entre a estrutura e as propiedades dos materiais
  AI6 Entender a importancia do medio e da investigación encamiñada á eliminación/minimización dos residuos finais ou de proceso
  AI7 Coñecer os distintos tipos de comportamento térmico/mecánico a fatiga dos materiais
  AI8 Coñecer e cuantificar os danos provocados pola fatiga termomecánica nos materiais
TipoB Código  
  Investigador
  BI1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
  BI2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
  BI3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
  BI4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
  BI5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónoma.
  BI6 Aprender a aprender
  BI7 Resolver problemas de forma efectiva
  BI8 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo
  BI9 Traballar de forma autónoma con iniciativa
  BI10 Traballar de forma colaboradora
  BI11 Comportase con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional
  BI12 Comunicarse de xeito efectivo nun ámbito de traballo
  BI13 Actitude orientada á análise
  BI14 Capacidade para encontrar e manexar a información
  BI15 Capacidade de comunicación oral e escrita
  BI16 Manexo de sistemas asistidos por ordenador
  BI17 Analizar e descompoñer procesos
  BI18 Capacidade de abstracción, comprensión e simplificación de problemas complexos
  BI19 Vontade de mellora continua
  BI20 Positivos fronte a problemas
  BI21 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
  BI22 Entender a importancia da protección do medio
TipoC Código  
  Investigador
  CI1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  CI2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  CI3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  CI4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  CI5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  CI6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  CI7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  CI8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
  CI9 Valorar a importancia que ten a investigación na protección do medio ambiente
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes