Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica (plan 2018)
 Asignaturas
  Comportamento e Maniobrabilidade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A4 B5 C2 C3 C7 C12 C13 A asistencia ás prácticas de laboratorio, así como a realización e entrega en data da memoria de prácticas, é imprescindible para superar a asignatura.

A cualificación da memoria das prácticas de laboratorio representará un máximo dun 15% sobre a nota da asignatura, a condición de que a cualificación das probas obxectivas sexa superior a un 4, como se pode apreciar no apartado de Proba Obxectiva.
15
Traballos tutelados A4 B5 C2 C3 C7 C12 C13 A calificación do traballo tutelado representará un máximo dun 35% sobre a nota da asignatura, sempre e cando a calificación das probas obxectivas sexa superior a un 4, como se pode apreciar no apartado de Proba obxectiva. No caso de que se programe a presentación pública do mesmo, este 35 % dividirase nun 30% correspondente a memoria e un 5 % correspondente a presentación oral.

As datas de entrega publicitaranse a principio de curso, nas clases presenciais e na plataforma Moodle da asignatura.
35
Proba obxectiva A4 B5 C2 C3 C7 C12 C13 A calificación máxima desta proba obxectiva será dun 50 % da nota final do alumno.

Será necesario obter máis de 4 puntos sobre 10 na calificación final da proba obxectiva para superar a materia.
50
 
Observacións avaliación

Dado que a asistencia ás clases non se evalúa dentro da asignatura, os requisitos
que aqueles alumnos con dispensa de asistencia a clase terán que cumprir, tanto
en primeira como en segunda oportunidade, serán os mesmos requisitos que
aqueles sen esta dispensa, con excepción de non ser necesaria a realización da
presentación oral do traballo tutelado, nin a asistencia ás prácticas de
laboratorio, nin a memoria destas prácticas.


Con todo, na data do exame correspondente, estes alumnos deberán realizar un
exame de prácticas, cuxa cualificación corresponderase cun 15 % do total, e
deberán responder a unha serie de preguntas sobre o traballo tutelado, que
contabilizarán cun 5 % do total.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes