Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica (plan 2018)
 Asignaturas
  Comportamento e Maniobrabilidade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A4 B5 C2 C3 C7 C12 C13 A asistencia ás prácticas de laboratorio, así como a realización e entrega en data da memoria de prácticas, é imprescindible para superar a asignatura.

A cualificación da memoria das prácticas de laboratorio representará un máximo dun 10% sobre a nota da asignatura, a condición de que a cualificación das probas mixtas sexa superior a un 4, como se pode apreciar no apartado de Proba Mixta.

No caso de que estas prácticas non se programen, o que se indicará ao comenzo do curso a través de Moodle, a súa calificación trasladarase aos traballos tutelados, que pasarán a ter unha cualificación do 40 %.
10
Traballos tutelados A4 B5 C2 C3 C7 C12 C13 A calificación do traballo tutelado representará un máximo dun 30% sobre a nota da asignatura, sempre e cando a calificación das probas mixtas sexa superior a un 4, como se pode apreciar no apartado de Proba obxectiva. No caso de que se programe a presentación pública do mesmo, este 30 % dividirase nun 25% correspondente a memoria e un 5 % correspondente a presentación oral.

Aqueles alumnos que non entreguen o traballo tutelado en plazo para a súa avaliación na convocatoria ordinaria, e non realicen a presentación oral, terán unha calificación de 0 puntos neste apartado.

As datas de entrega publicitaranse a principio de curso, nas clases presenciais e na plataforma Moodle da asignatura.
30
Proba mixta A4 B5 C2 C3 C7 C12 C13 A calificación máxima desta proba mixta será dun 60 % da nota final do alumno.

Será necesario obter máis de 4 puntos sobre 10 na calificación final da proba mixta para superar a materia.
60
 
Observacións avaliación

Dado que a asistencia ás clases non se evalúa dentro da asignatura, os requisitosque aqueles alumnos con dispensa de asistencia a clase terán que cumprir, tantoen primeira como en segunda oportunidade, serán os mesmos requisitos queaqueles sen esta dispensa, con excepción de non ser necesaria a realización dapresentación oral do traballo tutelado, nin a asistencia ás prácticas delaboratorio, nin a memoria destas prácticas.

Con todo, na data do exame correspondente, estes alumnos deberán realizar unexame de prácticas, cuxa cualificación corresponderase cun 10 % do total, e deberán responder a unha serie de preguntas sobre o traballo tutelado, quecontabilizarán cun 5 % do total.

Aqueles alumnos que desexen presentarse á convocatoria adiantada, deberán cumprir os mesmos requisitos que os alumnos con dispensa académica, descritos anteriormente.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso 0 na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes