Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica (plan 2018)
 Asignaturas
  Ampliación de Hidrostática e Hidrodinámica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio B8 C2 C3 C7 A asistencia ás prácticas de laboratorio, así como a realización e entrega en data da memoria de prácticas, é imprescindible para superar a asignatura.

A cualificación da memoria das prácticas de laboratorio representará un máximo dun 10% sobre a nota da asignatura, a condición de que a cualificación das probas obxectivas sexa superior a un 4, como se pode apreciar no apartado de "Proba obxectiva"

10
Proba obxectiva B8 C2 C3 C7 A cualificación máxima desta proba obxectiva será dun 25 % da nota final do alumno.

Será necesario obter máis de 4 puntos sobre 10 na cualificación final da proba obxectiva para poder superar a asignatura.
25
Presentación oral B8 C2 C3 C7 A cualificación da presentación oral dos traballos tutelados, así como a participación na avaliación das presentacións do resto de alumnos, suporá un máximo dun 10 % da nota final.

No caso de que esta presentación non se programe (o que se definirá ó comezo de curso e se publicará no Moodle da asignatura), a nota dos traballos tutelados incrementarase ata ó 65%.

Aqueles alumnos que non entreguen o traballo tutelado en plazo para a súa avaliación na convocatoria ordinaria, e non realicen a presentación oral, terán unha calificación de 0 puntos neste apartado.
10
Traballos tutelados B8 C2 C3 C7 A calificación do traballo tutelado representará un máximo dun 55% sobre a nota da asignatura, sempre e cando a calificación das probas obxectivas sexa superior a un 4, como se pode apreciar no apartado de Proba obxectiva.

O desenvolvemento do traballo tutelado planificarase nunha serie de entregas; as datas destas entregas publicitaranse a principio de curso, nas clases presenciais e na plataforma Moodle da asignatura. Todos aqueles alumnos que non respeten estas datas de entrega, terán unha penalización dun 30 % da cualificación de cada entrega retrasada (ou na entrega derradeira se só se establece unha data de entrega). Esto é de aplicación tamén a aqueles alumnos que se presenten na convocatoria de segunda oportunidade ou na adiantada.
55
 
Observacións avaliación
<div id="contenedor">Dado
que a asistencia ás clases non se evalúa dentro da asignatura, os
requisitos que aqueles alumnos con dispensa de asistencia a clase terán
que cumprir, tanto en primeira como en segunda oportunidade, serán os
mesmos requisitos que aqueles sen esta dispensa, con excepción de non
ser necesaria a realización da presentación oral do traballo tutelado,
nin a asistencia ás prácticas de laboratorio, nin a memoria destas
prácticas.<br />
<br />
Con todo, na data do exame correspondente, estes alumnos deberán
realizar un exame de prácticas, cuxa cualificación corresponderase cun 10 %
do total, e deberán responder a unha serie de preguntas sobre o
traballo tutelado, que contabilizarán cun 10 % do total.</div>
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes