Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica (plan 2018)
 Asignaturas
  Novas Tecnoloxías de Enxeñaría Naval
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B11 B19 C2 C9 C7 C12 C13 Realización en grupo dun proxecto propio sobre un dos sistemas / tecnoloxías analizadas na materia. 40
Solución de problemas B11 B19 C2 C9 C7 C12 C13 Realización dun traballo individual sobre os tema dos eventos científicos aos que se asista. 50
 
Observacións avaliación

A avaliación do proxecto en grupo implica a revisión do seu contido e a defensa oral do mesmo.


Durante o curso realízase unha serie de seminarios/eventos científicos, cuxa asistencia é
obrigatoria para a superación da materia. Os alumnos deberán realizar un traballo individual sobre o tema do evento. En caso de non asistir deben presentar unha falla xustificada e entregar o traballo individual sobre o tema do evento.


Na segunda oportunidade e adiantada, pódense presentar o proxecto así como os traballos individuais dos seminarios.

A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

  • Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.
  • Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
Aqueles alumnos que teñan dispensa académica ou tempo parcial deberán presentar para a súa avaliación o proxecto e os traballos individuais.

Os proxectos en grupo que superen o 20% de plaxio serán cualificados como suspenso, '0', nesa convocatoria para todos os membros do grupo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes