Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica (plan 2018)
 Competencias do título


TipoA Código  
  Profesionalizador
  AP1 A01 - Capacidade para proxectar buques axeitados ás necesidades do transporte marítimo de persoas e mercadorías, e ás da defensa e seguridade marítimas.
  AP2 A02 - Coñecemento avanzado da hidrodinámica naval para a súa aplicación á optimización de carenas, propulsores e apéndices.
  AP3 A03 - Coñecemento da dinámica do buque e das estruturas navais, e capacidade para realizar análise de optimización da estrutura da integración dos sistemas a bordo, e do comportamento do buque no mar e da súa manobrabilidade.
  AP4 A04 - Capacidade para analizar solucións alternativas para a definición e optimización das plantas de enerxía e propulsión de buques.
  AP5 A05 - Coñecemento dos mercados da construción e reparación de buques e dos seus aspectos legais e económicos, para a súa aplicación aos correspondentes contratos e especificacións.
  AP6 A06 - Capacidade para definir a estratexia construtiva dos buques e para planificar e controlar o seu desenvolvemento.
  AP7 A07 - Capacidade para proxectar plataformas e artefactos oceánicos.
  AP8 A08 - Coñecemento dos elementos de oceanografía física (ondas, correntes, mareas, etc.) necesarios para a análise do comportamento das estruturas oceánicas, e dos elementos das oceanografías química e biolóxica que deben ser tidos en conta para a seguridade marítima e para o tratamento da contaminación, e do impacto ambiental producido polos buques e artefactos mariños.
  AP9 A09 - Capacidade para organizar e dirixir a construción de plataformas e artefactos oceánicos.
  AP10 A10 - Coñecemento dos sistemas de posicionamento e da dinámica de plataformas e artefactos.
  AP11 A11 - Conocimiento de las operaciones y sistemas específicos de los barcos de pesca y capacidad para realizar su integración en los proyectos de dichos barcos.
  AP12 A12 - Coñecemento da enxeñaría dos cultivos mariños e da súa explotación e capacidade para proxectar os artefactos, flotantes ou fixos, nos que se integran, desenvolvendo as súas estruturas, materiais, equipamento, fondeo, estabilidade, seguridade, etc.
  AP13 A13 - Coñecemento da enxeñaría de sistemas aplicada á definición dun buque, artefacto ou plataforma marítima mediante a análise e optimización do seu ciclo de vida.
  AP14 A14 - Coñecemento do comercio e do transporte marítimo internacional para a súa aplicación á definición e optimización de novos buques e artefactos.
  AP15 A15 - Coñecementos de economía e de xestión de empresas do ámbito marítimo.
  AP16 A16 - Capacidade para desenvolver e xestionar a enxeñaría de apoio loxístico, mantemento e reparación de buques e artefactos.
  AP17 A17 - Realización, presentación e defensa, unha vez obtidos todos os créditos do plan de estudos, dun exercicio orixinal realizado individualmente ante un tribunal universitario, consistente nun proxecto integral de Enxeñaría Naval e Oceánica de natureza profesional no que se sinteticen as competencias adquiridas nas ensinanzas.
  Mixto
  AM1
TipoB Código  
  Profesionalizador
  BP1 G01 Capacidade para resolver problemas complexos e para tomar decisións con responsabilidade sobre a base dos coñecementos científicos e tecnolóxicos adquiridos en materias básicas e tecnolóxicas aplicables na enxeñaría naval e oceánica, e en métodos de xestión.
  BP2 G02 Capacidade para concibir e desenvolver solucións técnica, económica e ambientalmente adecuadas a necesidades de transporte marítimo ou integral de persoas e mercadorías, de aproveitamento de recursos oceánicos e do subsolo mariño (pesqueiros, enerxéticos, minerais, etc.), uso adecuado do hábitat mariño e medios de defensa e seguridade marítimas.
  BP3 G03 Capacidade para proxectar buques e embarcacións de todo tipo.
  BP4 G04 Capacidade para o proxecto de plataformas e artefactos para o aproveitamento de recursos oceánicos
  BP5 G05 Capacidade para deseñar e controlar os procesos de construción, reparación, transformación, mantemento e inspección dos enxeños anteriores.
  BP6 G06 Capacidade para realizar investigación, desenvolvemento e innovación en produtos, procesos e métodos navais e oceánicos.
  BP7 G07 Capacidade de integración de sistemas marítimos complexos e de tradución en solucións viables.
  BP8 G08 Capacidade para a análise e interpretación de medicións, cálculos, valoracións, tasaciones, peritaciones, estudos, informes, planos de labores e outros traballos análogos.
  BP9 G09 Capacidade para redactar especificacións que cumpran co establecido nos contratos, os regulamentos e as normas de ámbito naval e industrial.
  BP10 G10 Coñecementos do tráfico marítimo e do transporte integral necesarios para o proxecto de buques.
  BP11 G11 Capacidade para a xestión e dirección de empresas marítimas
  BP12 G12 Capacidade para a xestión da explotación de buques e artefactos marítimos, e da enxeñaría necesaria para a súa seguridade, operación, apoio loxístico e mantemento
  BP13 G13 Capacidade para desenvolver a enxeñaría necesaria nas operacións de salvamento e rescate e no deseño e utilización dos medios requiridos.
  BP14 G14 Capacidade para analizar, valorar e corrixir o impacto social e ambiental das solucións técnicas
  BP15 G15 Capacidade para organizar e dirixir grupos de traballo multidisciplinares nunha contorna multilingüe, e de xerar informes para a transmisión de coñecementos e resultados.
  Mixto
  BM1 CB06 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
  BM2 CB07 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
  BM3 CB08 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
  BM4 CB09 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
  BM5 CB10 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
TipoC Código  
  Mixto
  CM1 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  CM2 C1 Capacidade pra desenrolar a actividade profesional nun entorno multilingue
  CM3 ABET (a) An ability to apply knowledge of mathematics, science, and engineering.
  CM4 ABET (b) An ability to design and conduct experiments, as well as to analyze and interpret data.
  CM5 ABET (c) An ability to design a system, component, or process to meet desired needs within realistic constraints such as economic, environmental, social, political, ethical, health and safety, manufacturability, and sustainability.
  CM6 ABET (d) An ability to function on multidisciplinary teams.
  CM7 ABET (e) An ability to identify, formulate, and solve engineering problems.
  CM8 ABET (f) An understanding of professional and ethical responsibility.
  CM9 ABET (g) An ability to communicate effectively.
  CM10 ABET (h) The broad education necessary to understand the impact of engineering solutions in a global, economic, environmental, and societal context.
  CM11 ABET (i) A recognition of the need for, and an ability to engage in life-long learning.
  CM12 ABET (j) A knowledge of contemporary issues.
  CM13 ABET (k) An ability to use the techniques, skills, and modern engineering tools necessary for engineering practice.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes