Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Industrial (plan 2018)
 Asignaturas
  Tecnoloxía Eléctrica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 B2 B13 B16 B7 B6 C5 C11 O profesor informará en clase e a través do sitio web da materia da forma de avaliar os traballos propostos, que serán de carácter voluntario. 30
Proba obxectiva A1 B2 B13 B16 B7 B6 C5 C11 Esta proba realizarase unha vez finalizado o cuadrimestre e constará de dúas convocatorias: 1ª e 2ª oportunidade. 70
 
Observacións avaliación

Observacións relacionadas coa Proba obxectiva 

Considéranse as modalidades de exame seguintes:

  • Exame tradicional,
    é dicir, un exame que consta dun conxunto de preguntas no que o alumno
    puntúa positivamente por cada resposta completa e correcta.
  • Exame tipo test,
    no que o alumno, para cada unha das preguntas de que consta o exame,
    deberá marcar unha opción de entre as múltiples posibles como resposta
    correcta. Cada pregunta contestada correctamente puntúa positivamente,
    en contraposición ás respostas erróneas, que supoñen unha valoración
    negativa na nota final da proba. Normalmente esta valoración negativa
    non é lineal, é dicir, a resposta errónea a unha pregunta illada non
    supón merma na nota da proba mentres que a acumulación de preguntas
    erróneas si resta puntuación. Con iso preténdese favorecer aos alumnos
    que, por temor ao fracaso nalgunha pregunta, optan por non respondela
    malia posuír coñecementos suficientes para a resolución da mesma.

A
proba obxectiva será dalgunha das modalidades anteriormente descritas
ou unha combinación de ambas modalidades. En calquera caso, o profesor
informará aos alumnos da modalidade de proba que terán que superar con
antelación á mesma. 
En circunstancias excepcionais, sempre a
criterio do profesor e de acordo cos alumnos afectados, a proba
obxectiva poderá ser oral, é dicir, non escrita. Este pode ser o caso de
exames, normalmente de recuperación, no que o número de alumnos
convocados é moi reducido.

Asistencia a clase

A
mera asistencia a clase non é obligatoria para a superación da
asignatura e tampouco supón ningún tipo de recompensa en términos de
cualificación final da asignatura. O profesor da asignatura non levará
un control de asistencia ás clases máis aló do que estime necesario para
coñecer o nome dos alumnos.

Convocatoria de segunda oportunidade

Os criterios de avaliación para a convocatoria de segunda oportunidade serán os mesmos que os empregados para a convocatoria de primeira oportunidade.

Convocatoria adiantada

Os criterios de avaliación para a convocatoria adiantada de decembro serán os mesmos que os empregados para a convocatoria de segunda oportunidade do curso anterior.

Dispensa académica

Os procedementos de avaliación descritos son aplicables a todos os alumnos, teñan ou non dispensa académica.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes