Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Industrial (plan 2018)
 Asignaturas
  Enxeñaría de Estruturas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A19 B1 B2 B3 B13 B14 B17 B7 B6 C1 C2 C3 C5 C6 C8 C11 O traballo involucra os contidos teóricos e prácticos desenvolvidos na materia. Débese realizar individualmente nas sesións de prácticas ao longo do curso e nas horas non presenciais asignadas a este proxecto. Vaise a realizar un seguimento da realización do traballo nas sesións de prácticas.
30
Proba obxectiva A19 B1 B2 B3 B13 B14 B17 B7 B6 C1 C2 C3 C5 C6 C8 C11 Realizarase un exame final sobre os coñecementos adquiridos na asignatura. 70
 
Observacións avaliación

O estudante, con presencia ao longo do cuadrimestre 
insuficiente para realizar o seguimento e a valoración do seu traballo, por
dispensa académica ou por outras causas, terá igualmente que elaboralo de forma
non presencial e presentalo para a súa valoración. O apoio e seguimento do
devandito traballo efectuarase nas sesións de tutoría. A avaliación realízase
mediante a presentación dos traballos tutelados e/ou a proba obxectiva. Neste
caso, o proceso de avaliación pode incluír unha sesión práctica, individual ou
en grupo, na que o estudante resolve manualmente e/ou co computador os
problemas expostos polo profesor.

Para a segunda oportunidade pódese presentar o traballo
pendente e mellorar o xa realizado. O apoio e seguimento realízase en sesións
de tutoría. A avaliación realízase mediante a presentación dos traballos
tutelados pendentes e/ou mellorados e/ou a proba obxectiva. O proceso de
avaliación da materia pode incluír, ademais do anterior, unha sesión práctica
individual ou en grupo, na que o estudante resolve manualmente e/ou co
computador os problemas expostos polo profesor.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes