Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Industrial (plan 2018)
 Competencias do título


TipoA Código  
  Profesionalizador
  AP1 ETI1 - Coñecemento e capacidade para a análise e o deseño de sistemas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica.
  AP2 ETI2 - Coñecemento e capacidade para proxectar, calcular e deseñar sistemas integrados de fabricación.
  AP3 ETI3 - Capacidade para o deseño e ensaio de máquinas.
  AP4 ETI4 - Capacidade para a análise e o deseño de procesos químicos.
  AP5 ETI5 - Coñecementos e capacidades para o deseño e a análise de máquinas e motores térmicos, máquinas hidráulicas e instalacións de calor e frío industrial.
  AP6 ETI6 - Coñecementos e capacidades que permitan comprender, analizar, explotar e xestionar as distintas fontes de enerxía.
  AP7 ETI7 - Capacidade para deseñar sistemas electrónicos e de instrumentación industrial.
  AP8 ETI8 - Capacidade para deseñar e proxectar sistemas de produción automatizados e control avanzado de procesos.
  AP9 EG1 - Coñecementos e capacidades para organizar e dirixir empresas.
  AP10 EG2 - Coñecementos e capacidades de estratexia e planificación aplicados a distintas estruturas organizativas.
  AP11 EG3 - Coñecementos de dereito mercantil e laboral.
  AP12 EG4 - Coñecementos de contabilidade financeira e de custos.
  AP13 EG5 - Coñecementos de sistemas de información á dirección, organización industrial, sistemas produtivos e loxística, así como sistemas de xestión de calidade.
  AP14 EG6 - Capacidades para a organización do traballo e a xestión de recursos humanos. Coñecementos sobre a prevención de riscos laborais.
  AP15 EG7 - Coñecementos e capacidades para a dirección integrada de proxectos.
  AP16 EG8 - Capacidade para a xestión da investigación, o desenvolvemento e a innovación tecnolóxica.
  AP17 EI1 - Capacidade para o deseño, a construción e a explotación de plantas industriais.
  AP18 EI2 - Coñecementos sobre construción, edificación, instalacións, infraestruturas e urbanismo no ámbito da enxeñaría industrial.
  AP19 EI3 - Coñecementos e capacidades para o cálculo e deseño de estruturas.
  AP20 EI4 - Coñecemento e capacidades para o proxectar e deseñar instalacións eléctricas e de fluídos, iluminación, climatización e ventilación, aforro e eficiencia enerxética, acústica, comunicacións, domótica e edificios intelixentes e instalacións de seguridade.
  AP21 EI5 - Coñecementos sobre métodos e técnicas do transporte e o mantemento industrial.
  AP22 EI6 - Coñecementos e capacidades para realizar a verificación e o control de instalacións, procesos e produtos.
  AP23 EI7 - Coñecementos e capacidades para realizar certificacións, auditorías, verificacións, ensaios e informes.
  AP24 TFM - Realización, presentación e defensa ante un tribunal universitario, unha vez obtidos todos os créditos do plan de estudos, dun traballo individual orixinal, que consistirá nun proxecto integral de enxeñaría industrial de natureza profesional en que se sinteticen as competencias adquiridas.
  AP25 TEE1 - Capacidade para o cálculo e deseño de máquinas eléctricas.
  AP26 TEE9 - Capacidade para o deseño de centrais eléctricas.
  AP27 TEI11 - Capacidade para deseñar sistemas de control e automatización industrial.
  AP28 TEM2 - Coñecementos e capacidades para o cálculo, deseño e ensaio de máquinas.
  AP29 TEM4 - Coñecementos e capacidades para aplicar os fundamentos da elasticidade e resistencia de materiais ao comportamento de sólidos reais.
  AP30 TEQ1 - Coñecementos sobre balances de materia e enerxía, biotecnoloxía, trasferencia de materia, operacións de separación, enxeñería da reacción química, deseño de reactores e valorización e transformación de materias primas e recursos enerxéticos.
  AP31 TEQ3 - Capacidade para o deseño e xestión de procedementos de experimentación aplicada, especialmente para a determinación de propiedades termodinámicas e de transporte, e modelado de fenómenos e sistemas no ámbito da enxeñería química, sistemas con fluxo de fluídos, transmisión de calor, operacións de transferencia de materia, cinética das reaccións químicas e reactores.
TipoB Código  
  Profesionalizador
  BP1 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
  BP2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
  BP3 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
  BP4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e profanos dun modo claro e sen ambigüidades.
  BP5 CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que terá que ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
  BP6 G1 - Ter coñecementos adecuados dos aspectos científicos e tecnolóxicos na Enxeñería Industrial.
  BP7 G2 - Proxectar, calcular e deseñar produtos, procesos, instalacións e plantas.
  BP8 G3 - Dirixir, planificar e supervisar equipos multidisciplinares.
  BP9 G4 - Realizar investigación, desenvolvemento e innovación en produtos, procesos e métodos.
  BP10 G5 - Realizar a planificación estratéxica e aplicala a sistemas tanto construtivos como de produción, de calidade e de xestión ambiental.
  BP11 G6 - Xestionar técnica e economicamente proxectos, instalacións, plantas, empresas e centros tecnolóxicos.
  BP12 G7 - Poder exercer funcións de dirección xeral, dirección técnica e dirección de proxectos I+D+i en plantas, empresas e centros tecnolóxicos.
  BP13 G8 - Aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos e multidisciplinares.
  BP14 G9 - Ser capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
  BP15 G10 - Saber comunicar as conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
  BP16 G11 - Posuír as habilidades de aprendizaxe que permitan continuar estudando dun modo autodirigido ou autónomo.
  BP17 G12 - Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro Industrial.
  BP18 CG0 - Falar ben en público.
  BP19 B5 - Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
TipoC Código  
  Profesionalizador
  CP1 ABET (a) - An ability to apply knowledge of mathematics, science, and engineering.
  CP2 ABET (b) - An ability to design and conduct experiments, as well as to analyze and interpret data.
  CP3 ABET (c) - An ability to design a system, component, or process to meet desired needs within realistic constraints such as economic, environmental, social, political, ethical, health and safety, manufacturability, and sustainability.
  CP4 ABET (d) - An ability to function on multidisciplinary teams.
  CP5 ABET (e) - An ability to identify, formulate, and solve engineering problems.
  CP6 ABET (f) - An understanding of professional and ethical responsibility.
  CP7 ABET (g) - An ability to communicate effectively.
  CP8 ABET (h) - The broad education necessary to understand the impact of engineering solutions in a global, economic, environmental, and societal context.
  CP9 ABET (i) - A recognition of the need for, and an ability to engage in life-long learning.
  CP10 ABET (j) - A knowledge of contemporary issues.
  CP11 ABET (k) - An ability to use the techniques, skills, and modern engineering tools necessary for engineering practice.
  CP12 C3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes