Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos
 Asignaturas
  Desenvolvemento de Produtos e Marcas de Videoxogos
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Desenvolvemento de Produtos e Marcas de Videoxogos Código 730529002
Titulación
Máster Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Análise Económica e Administración de Empresas
Empresa
Coordinación
Salido Andrés, Noelia
Correo electrónico
noelia.sandres@udc.es
Profesorado
Salido Andrés, Noelia
Correo electrónico
noelia.sandres@udc.es
Web
Descrición xeral O principal obxectivo desta asignatura de máster é achegar aos estudantes á relevancia das variables Produto e Marca, e ao encaixe dun efectivo desenvolvemento das mesmas na competitiva industria dos Videoxogos. Para logralo, os estudantes abordarán a investigación da política de produtos; coñecerán o proceso de innovación e desenvolvemento de produtos; e aprenderán a xestionar as marcas e o seu valor no deseño de videoxogos, como resposta ás demandas dos principais gupos de interese nunha industria global, creativa, e extremadamente cambiante.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Non se realizan modificacións. 2. Metodoloxías: *Metodoloxías docentes que se manteñen: - Traballos tutelados - Proba de resposta múltiple - Sesión maxistral *Metodoloxías docentes que se modifican: No caso de docencia íntegramente non presencial, modifícanse as seguintes metodoloxías de cara a súa adaptación: - Traballos tutelados: preparación e celebración das tutorías a través de sesións síncronas en Teams, dacordo á planificación prevista e compartida cos estudantes en Moodle. Os grupos traballarán autónomamente pola vía virtual. As presentacións serán virtuais -individuais ou grupais- dos casos prácticos realizados e a través de Teams, en sesión síncrona e grabada que se porá a disposición dos estudantes en Moodle vía Stream. - Proba de resposta múltiple: realización virtual da proba a través da plataforma Moodle. - Sesión maxistral: impartiránse as sesións maxistrais a través de Teams, en síncrono, e dacordo ao calendario previsto. Estas sesións serán grabadas para poñerse a disposición dos estudantes en Moodle vía Stream. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Moodle: -Correos informativos a través do foro de novas. -Posta a disposición do alumnado dos calendarios de presentacións de casos prácticos. -Posta a disposición do alumnado dos calendarios de tutorías de casos prácticos. -Posta a disposición do alumnado das sesións síncronas realizadas vía Teams e aloxadas en Stream (sesións maxistrais e de presentación dos casos prácticos). -Proba de resposta múltiple (examen) Teams: -Tutorías plenarias e grupais no marco dos traballos tutelados. -Impartición sesións maxistrais. -Presentación casos prácticos. -Impartición tutorías individuais e de grupo reducido. Correo electrónico: -Contacto cos estudantes. -Resolución de dúbidas. -Recomendación de recursos bibliográficos, webgráficos e documentais adicionais. 4. Modificacións na avaliación: Manteñénse as metodoloxías e os correspondentes pesos na cualificación. *Observacións de avaliación: As mesmas que figuran na GADU. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Non se realizan modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes