Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos
 Asignaturas
  Deseño de Contornas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A10 A11 A19 B2 B4 B6 B12 B14 C1 C2 C4 C5 C6 C8 Deseño de espazos, escenografía, ambientación e props dun videoxogo tanto dende unha perspectiva visual coma sonora.
Esta avaliación atenderá a os criterios fixados na aula.
80
Presentación oral B1 B2 B3 B4 C1 C3 C4 Presentación do traballo.
Teranse en conta aspectos como contidos, expresión oral, participación e/ou capacidade de síntese, entre outros. En calquera caso, ditos criterios de avaliación concretaranse na aula.
20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é preciso ter aprobado o traballo tutelado (mínimo 4 puntos) e obter un mínimo de cinco puntos na calificación final (sumatorio de traballo tuleado e presentación oral).

Para a avaliación da materia cómpre presentarse as dúas actividades con peso na nota final: traballo tutelado e presentación oral. No caso de non desenvolver algunha destas actividades, ou non facelo en tempo e forma, sinalarase un "Non presentado" na correspondente convocatoria.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de evaluación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en toda as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria. Polo tanto, aqueles traballos que conten con algún apartado, deseño ou proposta copiada, serán cualificados cun cero, co consecuente suspenso na materia.

O alumnado con dispensa académica deberá presentarse e superar ambas partes -traballo e presentación oral- se ben, no caso de incompatibilidades, poderá desenvolver a presentación oral noutra data-hora previamente acordada coa docente. En calquera caso, na primeira titoría se comunicarán os aspectos e especificacións destas tarefas, deseñando un itinerario personalizado en función as posibilidades e intereses docentes-discentes.

Convocatoria de decembro e segunda oportunidade: no caso de alumnado que non teña entregado os elementos requiridos para superar con éxito a avaliación ordinaria, deberán ser entregados en calquera das demais convocatorias. Se foron entregados os materiais requiridos pero estes teñen sido obxecto de correcións ou suxestións de mellora (que impediron superar a materia na convocatoria ordinaria), na seguinte convocatoria á que se concorra deberanse presentar os ditos materiais coas melloras ou cambios comunicados e/ou as ampliacións de contido requiridas pola docente da materia. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes