Portafolios do alumno |
A16 A17 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B10 B11 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Presentación dun portfolio persoal que mostre os mellores traballos realizados |
40 |
As competencias, as datas de entrega e os criterios de
avaliación que se desenvolverán en cada metodoloxía avaliable notificaranse
previamente en clase e publicaranse en Moodle ao longo do cuadrimestre. O alumnado que se atope en modalidades específicas de
aprendizaxe e apoio á diversidade terá a obrigación de realizar todas as probas
e entregalas nas datas sinaladas. As sesións expositivas, os talleres, as
probas avaliables e o traballo final foron deseñados para abarcar o maior grao
de inclusión posible. Se fose necesario e sempre baixo petición previa do
alumnado; realizaranse as adaptacións necesarias para non prexudicar a cualificación
do alumnado. As sesións expositivas, os talleres, as probas avaliables e o
traballo final foron deseñados para garantir a aprendizaxe autónoma non presencial; por tanto o alumnado que se atope
en situación de dispensa académica terá a obrigación de realizar todas as
probas e entregalas durante os períodos
de tempo sinalados. Se fose necesario e sempre baixo petición previa do
alumnado; realizaranse as adaptacións necesarias que garantan o seguimento do
contido da materia. Os criterios de avaliación para a segunda oportunidade
serán os mesmos.
|