Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos
 Asignaturas
  Arte de Concepto II. Contornas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A18 A19 B1 B2 B3 B4 B5 B11 C1 C2 C4 C6 C8 Presentación de traballos e informes / Avaliación continua 80
Portafolios do alumno A18 A19 B1 B5 C2 C4 Presentación dun portfolio persoal que mostre os mellores traballos realizados 20
 
Observacións avaliación

Avaliación de primeira oportunidade

Cada estudante deberá asistir activamente ao 80% das clases teóricas e prácticas. Para optar á avaliación na primeira oportunidade, todas as prácticas deben entregarse en tempo e forma, para favorecer o seguemento continuo da materia mediante feedback semanal colectivo ou individual.

Dispensa académica (exención de asistencia)

Aquel alumnado que teña unha exención académica deberá dirixirse ao profesorado para establecer o método de seguimento da materia e a elaboración dos traballos para superar a materia en primeira convocatoria.

Avaliación de segunda oportunidade

O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade ou que non cumpra co 80% da asistencia, deberá acudir á convocatoria de segunda de oportunidade. Deberanse entregar tódalas prácticas do curso e, no caso de non ter seguemento do curso, a avaliación realizarase mediante unha proba de carácter gráfico de modo presencial que sustituirá ao "Portafolio do alumno"

Cláusula de fraude académica

A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación implicará directamente unha cualificación de 0 (SUSPENSO) na materia da convocatoria correspondente, quedando invalidada o resto das cualificacións obtidas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes