Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos
 Asignaturas
  Márketing Operativo de Videoxogos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A27 A28 Exame tipo test con catro posibilidades, con preguntas sobre os contidos cubertos no curso. 30
Traballos tutelados B1 B2 B3 B4 B5 B6 B14 C1 C2 C3 C4 C8 Traballo de desenvolvemento e defensa dos contidos aplicados e centrado nos diferentes proxectos que se solicitan. 70
 
Observacións avaliación
Avaliación 1a Oportunidade.

No desenvolvemento da parte práctica (traballo/proxecto en equipo) (70% nota) serán avaliad@s: aplicación das bases teóricas, calidade de presentación, precisión e claridade de exposición e calidade das respostas, fontes primarias e secundarias usadas e revisión bibliográfica.

Para a avaliación da parte teórica recurrirase a un exame tipo test (proba obxecta de múltiple resposta) (30% nota) con varias alternativas de resposta, onde os erros restarán puntuación para evitar o "efecto lotería". A fórmula é NOTA = (respostas correctas x 1) - (erros/k-1), con k= numero de opcións de resposta. Os puntos obtidos netos trasladanse a unha nota en escala 0-10.

Dedicación a tempo parcial e dispensa académica (exención de asistencia): no caso de alumn@s con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, empregaránse as plataformas Moodle e MS Teams, así como o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión de contidos, titorías e a entrega de traballos. Acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, mais terán a mesma obriga de realizaren actividades e de acudiren a calquera tipo de proba de avaliación que o alumnado a tempo completo. Excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de fechas compatible coa súa dedicación.

O proceso de avalaición de 2a oportunidade é exactamente o mesmo que para a 1a oportunidade: gárdase a nota práctica (obtida no traballo/proxecto) e @ alumn@ fará un novo exame tipo test, de idénticas características ás descritas anteriormente.

En caso de convocatoria extraordinaria, a avaliación será únicamente con exame tipo test (proba obxecta de múltiple resposta) (100% nota) con varias alternativas de resposta, onde os erros restarán puntuación en base á formula NOTA = (respostas correctas x 1) - (erros/k-1) con k= numero de opcións de resposta. Os puntos obtidos netos trasladanse a unha nota en escala 0-10.

PLAXIO/COPIA. A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso (0) na materia na
correspondente convocatoria, invalidando así calquera cualificación obtida en
todas as actividades de avaliación da convocatoria extraordinaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes