Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos
 Asignaturas
  Empresa e Emprendemento
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple B1 B2 B3 C2 C3 C4 Test de resposta múltiple individual. 30
Traballos tutelados A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B12 C1 C2 C3 C4 C6 C9 Desenvolvemento e defensa do caso ou traballo práctico en equipo. Valorarase:
- A capacidade de aplicar correctamente os coñecementos sobre creación e dirección de proxectos empresariais.
- A capacidade de reunir e interpretar datos relevantes.
- A capacidade de utilización de ferramentas metodolóxicas.
- A capacidade de expoñer a información de forma clara e ordenada.
- A capacidade de coordinar e aunar as distintas partes do traballo, demostrando o traballo en equipo.
70
 
Observacións avaliación

A. NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

Condicións de avaliación: está prohibido acceder á
aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior
e/ou almacenamento de información. 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0’ na materia na
convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en
todas as actividades de avaliación para a convocatoria extraordinaria.

Identificación do/da estudante: o/a estudante terá que
acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

B. TIPOS DE CUALIFICACIÓN:

Cualificación de non presentado: corresponde ao alumnado,
cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación
inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación
alcanzada.

Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia: os/as estudantes con
recoñecemento de dedicación a tempo parcial, aínda que estean exentos de
asistencia, serán avaliados cos mesmos criterios que os alumnos a tempo
completo.

C. OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de
avaliación indicados.

Segunda oportunidade: os criterios de avaliación son os
mesmos para todas as oportunidades de avaliación.

Convocatoria adiantada: na convocatoria adiantada séguense
os mesmos criterios que para a primeira e segunda oportunidade.

D. OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN:

a) Exame (proba de resposta múltiple):

30% da cualificación.

b) Traballos tutelados:

70% da cualificación.

A nota agregada (a+ b) deberá ser igual ou superior a 5
puntos sobre 10 para poder superar a materia. Os criterios de avaliación son os
mesmos para a primeira e a segunda oportunidade de cada convocatoria, así como
para a convocatoria adiantada. No caso de non superar a materia na primeira
oportunidade, pódese gardar a puntuación do traballo tutelado (parte  b) para a segunda oportunidade e para a
convocatoria adiantada, ou se pode facer un novo traballo de maneira
individual, que deberá presentarse tres días antes da data sinalada para o
exame oficial.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes