Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade (a distancia)
 Asignaturas
  Polímeros nun Desenvolvemento Enerxético Sustentable
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao estudantado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
As profesoras exporán os contidos mais importantes da materia utilizando presentacións audivisuais. Facilitarase o dialogo e discusións de cuestións relacionadas co alumnado presente.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite ao alumnado aprender efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico que se poidan realizar a distancia, tales como demostracións, exercicios, experimentos on line e investigacións.
Proba de resposta múltiple Despois de cada sesión maxistral o alumnado , poderá facer un test online sobre a materia vista, a través da plataforma Moodle.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos/das estudantes, baixo a tutela do profesorado. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do alumnado e o seguimento desa aprendizaxe pola profesora-titora.
As profesoras proporán varias temáticas a elixir para o traballo tutelado. Cada estudante elaborará o seu traballo baixo a supervisión da titora correspondente. Finalmente, o/a alumno/a exporá os aspectos principais diante do resto da clase cunha breve exposición oral.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes