Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade (a distancia)
 Asignaturas
  Polímeros nun Desenvolvemento Enerxético Sustentable
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados C1 C4 C8 O estudantado realizará un traballo individual sobre un tema relacionado cos polímeros condutores que deberá entregar e presentar ao resto da clase mediante videoconferencia.
Avaliarase tanto o traballo escrito como a presentación do mesmo.
60
Prácticas de laboratorio A9 B14 B16 C4 O alumnado realizará varias actividades prácticas relacionadas coa eficiencia enerxética de polímeros condutores. Avaliaranse tanto as competencias adquiridas como o informe de prácticas presentado. 30
Proba de resposta múltiple B9 B16 Despois de cada sesión maxistral, o alumnado poderá facer un test online sobre a materia vista, a través da plataforma Moodle. O resultados dos tests puntuará na nota final. 10
 
Observacións avaliación

Levarase un rexistro da asistencia on line do alumnado as clases maxistrales. Os/as estudantes que acumulen máis dun 20% de faltas de asistencia sen xustificar, que non realicen e entreguen as actividades prácticas (sen causa xustificada) ou que non entreguen o traballo tutelado quedan excluídos do proceso de avaliación continua, polo que a súa avaliación na primeira oportunidade será NON PRESENTADO.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.

As situacións especiais das/dos estudantes que con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, non poidan cursar a materia de maneira presencial, deben ser comunicadas ao profesorado o inicio do cuatrimestre e xustificalas adecuadamente. Daranse as instruccións oportunas para que o alumnado siga a materia sen problemas, sustituíndo aquelas metodoloxías presenciais por outros traballos individuais ca mesma puntuación.

REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA NA PRIMEIRA OPORTUNIDADE :

1.Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.

2.Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.

3.Facer e entregar toda as actividades prácticas nas datas indicadas.

4.Obter en total unha puntuación mínima de 5 sobre 10.

Na segunda oportunidade, o alumnado terá que facer unha proba obxectiva (examen  on line) que poderá constar de distintos tipos de preguntas (múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación). Ademais, pediráselles un traballo adicional para completar a avaliación. A cualificación será o 50% a proba obxectiva (examen),  50% traballo/prácticas adicionais.

REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA NA SEGUNDA OPORTUNIDADE :

1.Aprobar o exame (50% da puntuación máxima do exame)

2.Facer e entregar en data o traballo/prácticas adicionais

3.Obter en total unha puntuación mínima de 5 sobre 10.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes