Teaching GuideTerm
Higher Polytechnic University College
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
  CÁLCULO
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 B1 B2 B3 B5 B7 C1 C4 C5 Probas escritas que son utilizadas para a avaliación da aprendizaxe.
As probas constarán de dúas partes e a nota final será a suma das notas obtidas en cada unha de elas.

1) A avaliación da primeira parte realizarase no periodo de docencia mediante un exame parcial e farase, previsiblemente, en base ós contidos dos temas 1, 2, 3 e 4. Esta parte será eliminatoria (no caso de superala, a nota gardarase para o presente curso ata a 2ª oportunidade) e recuperable.

2) A segunda parte realizarase no periodo usual de exames finais en xaneiro, xunto cunha recuperación para aqueles que non aprobaran a primeira parte no parcial.

No caso de aprobar algunha das dúas partes, ben sexa no parcial ou no exame final de xaneiro, o aprobado conservarase para o presente curso, ata a celebración do exame de 2ª oportunidade.
90
Solución de problemas A1 B1 B2 B3 B5 B7 C4 C5 Tras a finalización dun bloque temático serán propostos pequenas coleccións de exercicios representativos do mesmo para a súa evaluación. 10
 
Observacións avaliación

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia ás clases avaliarase  nas mesmas condicións que o resto do alumnado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes