Teaching GuideTerm
Higher Polytechnic University College
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Subjects
  Computting
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Mixed objective/subjective test A3 B2 C1 C4 Proba final da materia que consistirá na realización dun exame individual e por escrito. Esta proba terá unha parte de teoría e outra de programación na que o alumno terá que contestar a preguntas e resolver diversos exercicios de programación.

Criterios de avaliación xerais:
* Respostas correctas e solucións adecuadas ás preguntas e exercicios da proba.

Nomenclatura empregada na sección de observacións para esta actividade:
T1: nota obtida na parte de teoría desta proba (40% da nota final).
P5: nota obtida na parte de programación desta proba (30% da nota final).
70
Laboratory practice A3 B2 C1 C4 Consistirá na recompilación de todos os exercicios de programación realizados nas prácticas de laboratorio durante o curso. Estes exercicios deberán realizarse no tempo asignado ás clases prácticas, no laboratorio de informática, e entregaranse ao final das mesmas. Durante a realización destes exercicios, o alumno pode expor dúbidas ao profesor ou consultar os materiais que estime oportuno. Por tanto, esta actividade avaliará o traballo diario do alumno nas clases prácticas.

Criterios xerais de avaliación:
* Traballo e esforzo realizado polo alumno durante as clases.
* Adecuación das solucións realizadas para cada exercicio.

Nomenclatura empregada na sección de observacións para esta actividade:
P1: nota obtida nos exercicios realizados nas clases prácticas de laboratorio (6% da nota final).
6
Problem solving A3 B2 B4 C1 C4 Resolución de exercicios de programación de forma individual. En concreto realizaranse tres probas deste tipo durante o curso. As dúas primeiras serán probas que se realizarán nas aulas de informática do centro e nas que se empregará o computador para resolver exercicios de programación, mentres que a terceira consistirá na implementación dun programa de forma autónoma polo alumno (práctica de programación). Será imprescindible entregar os exercicios en tempo e forma seguindo as pautas específicas do enunciado publicado en cada caso. Tamén será obrigatoria a asistencia a unha sesión presencial para a práctica realizada de forma autónoma polo alumno, que consistirá na revisión do exercicio entregado e na cal se realizarán preguntas ao alumno sobre o mesmo. A non asistencia a esta sesión de revisión terá o mesmo efecto que se non se entregase a práctica.

Criterios xerais de avaliación:

* Adecuación dos exercicios entregados ás pautas expostas no enunciado.
* Calidade e eficiencia da solución exposta polo alumno.
* Respostas adecuadas ás preguntas realizadas polo profesor na sesión de revisión da práctica.

Nomenclatura empregada na sección de observacións para esta actividade:
P2: nota obtida na primeira proba de resolución de exercicios na aula (8% da nota final).
P3: nota obtida na segunda proba de resolución de exercicios na aula (8% da nota final).
P4: nota obtida na práctica autónoma de programación (8% da nota final).
24
 
Assessment comments

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes