Guia docenteCurso
Escuela Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
  QUÍMICA
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Lectura comprensiva da práctica. Realizar o traballo experimental. Expor e resolver os cálculos numéricos asociados así como as cuestións que se expoñan. Examinar e valorar os resultados. Redactar e presentar o informe final das prácticas.
Proba mixta Proba escrita divida en duas partes (teórica e de problemas) utilizada para a avaliación da aprendizaxe do estudante.
Sesión maxistral Ten unha función expositiva complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de trasmitir coñecementos e facilitar o aprendizaxe. O alumno toma apuntamentos, expón dúbidas e cuestións. Pode incluir unha conferencia impartida por especialistas ou a visita técnica a unha industria química particular.


Solución de problemas Metodoloxía levada a cabo en grupo mediano (20 alumnos): presentación e resolución de boletíns de problemas numéricos e de boletíns de exercicios de teoría. O estudante, de forma individual ou en grupo reducido, expón dúbidas e /ou cuestións, participando de forma activa na aula.

Traballos tutelados Trátase da realización, en grupos reducidos de 5 alumnos/as, de estudos dirixidos que, cada grupo, debe expor na aula e entregar ao profesor para a súa corrección.

Os traballos tutelados, constituirán un resumo do tema proposto polo profesor, cunha extensión da orde de 5-6 páxinas en formato Word. Para a súa presentación na aula, elaborarase previamente de 8 a 10 transparencias en formato PowerPoint. Os participantes en cada traballo deben pertencer ao mismo grupo mediano da clase.

Todos os grupos que presenten traballo tutelado nunha determinada sesión, deberán estar presentes na aula desde o principio ata o final da mesma.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes