Teaching GuideTerm
Higher Polytechnic University College
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
  QUÍMICA
   Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Traballos tutelados
Prácticas de laboratorio
Descrición
Na atención personalizada tratarase de emendar posibles deficiencias na formación química previa do estudante e de resolver dúbidas e cuestións puntuais que, normalmente, impídenlle o seguimento xeral da materia.

Realizarase un seguimento do traballo do estudante no laboratorio, tomarase en consideración as súas suxestións e prestaráselle axuda para aclarar as dúbidas.

Nas sesións de solución de problemas, en grupo mediano, prestaráselles axuda para aclarar conceptos e resolver posibles dúbidas.

Na elaboración dos traballos tutelados facilitaráselles a asistencia que precisen para a súa preparación e exposición.

Os alumnos que soliciten e lles sexa concedida dispensa académica, poderán quedar exentos da asistencia ao 80 % das clases presenciais (sesións maxistrais e de solución de problemas). Realizarán obrigatoriamente as prácticas de laboratorio e participarán nas sesións de formación do grupo de traballo, preparación e presentación/exposición do traballo tutelado, o que implica a asistencia ao 20 % das clases presenciais.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes