Guia docenteCurso
Escuela Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
  QUÍMICA
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A4 B1 B2 B5 A metade do cuadrimestre realizarase un exame parcial eliminatorio da materia impartida ata ese momento (teoría e problemas). Ao final do cuadrimestre realizarase un exame final de toda a asignatura (os alumnos que superasen o devandito parcial non terán que repetilo no exame final).

70
Solución de problemas A4 B2 B4 B5 Resolución de boletíns de problemas numéricos, incluíndo así mesmo a resolución de boletíns de exercicios de teoría en sesións específicas. Valórase a asistencia do estudante, a súa participación activa na aula, o seu interese e actitude. 10
Traballos tutelados A4 B6 B7 C1 Elaboración e presentación en grupo dun traballo tutelado ou dirixido. Valórase, ademais da presentación, o traballo realizado polos estudantes en formato Word e as transparencias elaboradas para a súa exposición na aula en formato PowerPoint. 10
Prácticas de laboratorio A4 B3 C5 Realización, participación activa nas prácticas, entrega do informe final correspondente e exame das prácticas. Valórase o interese e actitude do estudante e o exame das prácticas.


10
 
Observacións avaliación
Este apartado indica o que se puntúa en cada metodoloxía. A proba obxetiva describe como é o exame e a puntuación de cada unha das partes de teoría e de problemas. A nota mínima en cada parte do exame (teoría ou problemas no parcial e no final, ou na segunda parte da asignatura) para que se poidan ter en conta as puntuacións das prácticas de laboratorio, solución de problemas e traballos tutelados ha de ser de 3,0 sobre 7,0. Para obter aprobado na asignatura hase de cumprir que a suma das notas da proba obxectiva, prácticas de laboratorio, solución de problemas e traballos tutelados sexa polo menos 5,0.

Ningún dos temas teóricos nin dos problemas propostos no exame parcial poderán deixarse en branco, debendo ser recuperados no exame final con independencia da nota obtida.


Para poder ser cualificado, o estudante realizará todas as prácticas de laboratorio e participará na elaboración e exposición do traballo tutelado nesta asignatura. Ambalasduas metodoloxías teñen un carácter obrigatorio. Os estudantes que non aproben as prácticas de laboratorio non poderán examinarse da asignatura nas convocatorias de xaneiro e/ou de xuño. Asimesmo, os/as alumnos/as que faltaren a algunha práctica e presentaren xustificación documental da súa inasistencia, terán que facer un exame da/das práctica/as pendente/es na última semana do primeiro cuadrimestre.

Ao estudante que supere a primeira parte da materia (Química Inorgánica e Analítica) no exame parcial ou na convocatoria de xaneiro ou, ben, que supere a segunda parte da materia (Química Industrial e Orgánica) na convocatoria de xaneiro, gardaráselle a nota da parte aprobada durante o curso académico correspondente. En caso de repetir a materia deberá examinarse novamente das dúas partes.

O estudante que faltase a algunha práctica de laboratorio ou que non superase o exame de recuperación da práctica, en caso de repetir a materia debe volver realizar todas de novo.

Teranse en conta, na medida do posible, as circunstancias dos alumnos repetidores.

Os alumnos con matrícula a tempo parcial, ou con dispensa académica, teñen os mismos criterios de avaliación que os demais estudantes,tanto na primeira como na segunda oportunidade de exame. Os devanditos estudantes terán que realizar as actividades ou metodoloxías obrigatorias (prácticas de laboratorio e traballo tutelado), neste caso, ficarán exentos do 80% da asistencia ás clases presenciais. Nembargantes, recomendáselles que fagan tamén a actividade solución de problemas, neste caso ficarían exentos do 70% da asistencia ás clases presenciais.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes