Guia docenteCurso
Escuela Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
  FUNDAMENTOS DE ELECTRÓNICA
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 C1 C2 C4 C5 C6 A súa realización con asistencia e aproveitamento axeitado, terá unha valoración de 6 puntos (se o alumno/a non tivo ningunha falta de asistencia), 5 puntos (se o alumno/a tivo unha falta de asistencia) e en caso de ter 2 ou máis faltas obterá un No Apto, (terá dereito a un exame de prácticas, unha vez que realice o exame final e obteña unha cualificación suficiente nese final).

Na última práctica incluiranse uns exercicios de prácticas puntuables dende 0 a 2 puntos máximo, a realizar polos alumnos que obtivesen un aprobado nas prácticas.

O aprobado en prácticas é imprescindible para aprobar a materia.
A nota obtida nas Prácticas de Laboratorio gárdase para o curso seguinte.
8
Prácticas a través de TIC A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 C1 C2 C4 C5 C6 Durante o curso propoñeranse problemas para que os alumnos os resolvan de forma teórica e práctica mediante simulación.

A nota obtida nas Prácticas a través de TIC, non se garda para o curso seguinte.
15
Proba mixta A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 C1 C2 C4 C5 C6 Farase un examen parcial aparte do examen final de xuño e da oportunidade de xullo. Ese examen é liberatorio ate a convocatoria de xullo (inclusive) 70
Traballos tutelados A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 C1 C2 C4 C5 C6 Farase unha presentación oral do traballo realizado. Puntuaranse os contidos e a propia exposición 7
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia hai que
obter unha puntuación mínima de 50 puntos sobre 100. A nota final
obterase sumando as puntuacións obtidas en Prácticas a través de TIC,
Prácticas de laboratorio, Traballos tutelados, Proba mixta, sempre e cando se cumpran as seguintes condicións:

Que se realizaron e aprobaron as Prácticas de laboratorio e ademais:

- Obter polo menos 14 puntos no exame parcial, polo menos 14 no final e que a suma total valla 35 puntos.

- No caso de non obter polo menos 14 puntos no exame parcial, deberá repetirse esta parte no exame final e aplicarase o devandito no apartado anterior.

No caso de obter al menos 17.5 puntos nunha parte na convocatoria de xuño ou no parcial,  gardarase esa parte como superada na convocatoria de xullo, si ben a calificación na acta de xuño será de suspenso.

Exemplos

Primeiro parcial 14 puntos. Exame final 22 puntos. Total 36 puntos. Apta a parte obxectiva

Primeiro parcial 10 puntos. No  final repítese o primeiro parcial

Primeiro parcial 18 puntos. Exame final 10 puntos. Non apto pero gárdase o primeiro parcial para xullo

etc

Non se gardará para cursos sucesivos nada que non sexan as prácticas de laboratorio.

Tendo en conta que a asistencia e realización das prácticas é obrigatoria para superar a materia, os alumnos e alumnas con recoñecemento  de dedicación  a tempo    parcial  e  dispensa académica de exención de asistencia, terán que realizar un exame extraordinario de laboratorio, tras a realización do exame da materia na primeira oportunidade.
Para axudar á superación da mesma, o profesor achegaralles unhas adendas complementarias aos guións das prácticas, cunha mellor comprensión das mesmas e facilitar a preparación do citado exame.
O mesmo é aplicable para a segunda oportunidade.

Por tanto, remítese ás persoas con dispensa académica ao apartado 6 da guía, para preparar o exame de laboratorio.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes