O alumnado con cualificación maior de 4 nas probas mixtas pasarán á ponderación co resto das metodoloxías da avaliación.
No caso de que non se realice algunha das metodoloxías anteriores a calificación de esa metodoloxía pasará á proba mixta.
Na primeira oportunidade de avaliación teránse en conta tanto a calificación dos traballos como as prácticas de laboratorio sempre e cando superen o mínimo de 4 na/s proba/s mixta/s. Este mesmo criterio será aplicable para a segunda oportunidade.
Para a convocatoria adiantada terase en conta as prácticas de laboratorio e a proba mixta, tendo polo tanto esta última un valor do 95% da nota e o 5% as prácticas de laboratorio.
A asistencia ás práticas de laboratorio é OBRIGATORIA para superar a materia. O alumnado que presente xustificante da non asistencia á/ás práctica/s deberá realizar un examen da/s mesma/s o día do exame da convocatoria de xaneiro ou no seu defecto no dia do exame da segunda oportunidade.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a calificación de suspenso”0” na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera calificación obtida en tódalas actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.