Guia docenteCurso
Escuela Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
  MECÁNICA DE FLUÍDOS
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A8 B7 B2 C4 A asistencia a practicas de laboratorio é obligatoria. Deberá realizarse también unha memoria de prácticas cunha nota mínima de 4 sobre 10 para estar aprobada.

Os alumnos que realicen e superen as prácticas nun mesmo ano académico, e no caso de non aprobar a asignatura, non terán que repetir as prácticas nos dous seguintes cursos. En ningún caso se avaliarán memorias de prácticas realizadas en cursos precedentes.
15
Proba mixta A8 B2 Realizarase unha proba á metade do curso e outra ao final. Cada unha das dúas probas terá unha parte de problemas e outra de teoría que constará non só de preguntas de conceptos teóricos senón tamén de exercicios simples de aplicación dos conceptos teóricos desenvolvidos en clase. Esta parte terá un peso do 50% da nota da proba. A parte de problemas terá un peso do 50%.

Se a nota da primeira proba é superior a 4/10 e as notas das partes de teoría e problemas son superiores a 3/10 poderase liberar a primeira parte da asignatura para o exame final e ponderaranse ambas probas ao 50%. Esta liberación poderase estender ata o exame final de xullo do mesmo ano si o alumno se presenta ao exame de xuño.

Para aprobar a signatura é necesario obter polo menos un 5/10 de nota media, un 4/10 na proba mixta e polo menos un 3/10 na nota media da parte de problemas e na parte de teoría.
70
Traballos tutelados A8 B2 C4 Realizaranse algúns exercicios tutelados avaliados que supoñerán un 10% da nota final. 15
 
Observacións avaliación


A
segunda proba mixta farase coincidir co exame final no que os alumnos
que non teñan liberada a parte correspondente á primeira proba
mixta examinaranse de toda a materia.

Aquelas alumnas e alumnos con dispensa académica deberán realizar as prácticas de laboratorio e poderán voluntariamente resolver problemas facilitados polos docentes da materia que se discutirán en titorías, e que poderán formar parte da avaliación final. As datas da realización das prácticas e da entrega das memorias correspondentes poderán ser acordadas cos docentes da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes