Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
  MECÁNICA
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A13 B1 B2 A proba mixta consta de dúas partes: teoría (40%) e problemas (60% da nota da proba).
Na parte de teoría valóranse os coñecementos do programa da materia así como a exposición razoada dos desenvolvementos teóricos.
Na parte de problemas valorarase tanto a formulación como o desenvolvemento aplicado ao caso concreto para obter a solución.
A cualificación desta proba na primeira oportunidade será a media de dúas probas parciais: a primeira (temas 1-7) na metade do cuadrimestre e a segunda (temas 8-13) ao finalizar o cuadrimestre.
Os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade poderán realizar unha proba final (temas 1-13) no período da segunda oportunidade.
As datas destas probas serán as que figuran no calendario de exames e na planificación do curso publicados polo centro.
80
Traballos tutelados A13 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9 C1 C5 O traballo é de carácter individual polo que se premiará a orixinalidade e penalizarase a copia de resultados ou do método utilizado.
Cada estudante deberá entregar o seu informe no prazo establecido e asistir ás titorías obrigatorias. En caso de non cumprir estas condicións o traballo puntuarase como 0.
A entrega realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilo.
20
 
Observacións avaliación

Soamente serán cualificados como NON PRESENTADO os estudantes que non concorran a ningunha das probas mixtas.

Admítese a dispensa académica nos termos establecidos no punto 5 de artigo 7º da "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e máster universitario na universidade da Coruña”, aprobada polo Consello Social do 04/05/2017. Por tanto, os estudantes con dispensa académica serán avaliados utilizando o mesmo sistema que o resto do alumnado, é dicir, traballo tutelado 20% + proba mixta 80%.

Os criterios de avaliación da 2ª oportunidade son os mesmos cos da 1ª oportunidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes