Guia docenteCurso
Escuela Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
  CONSTRUCIÓNS INDUSTRIAIS I
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
FUNDAMENTOS DA ELECTRICIDADE/730G03012
RESISTENCIA DOS MATERIAIS/730G03013
CALOR E FRÍO INDUSTRIAL/REFRIXERACIÓN/730G03020
ESTRUTURAS/730G03021

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
XESTIÓN DE PROXECTOS/730G03025
CONSTRUCIÓNS INDUSTRIAIS II/730G03043
Traballo Fin de Grao/730G03068

Observacións
Esta materia é necesaria para poder comprender os asuntos que se abordan na parte de proxectos (oficina técnica) da materia “Xestión de Proxectos” de 4º curso.

Os alumnos respectarán a oportuna puntualidade, e non poderán entrar en clase tras o comezo da mesma, salvo que se trate de sesións nas cales os alumnos están a traballar de forma  tutorizada.

Coa tecnoloxía actual, o alumno está a perder a capacidade de tomar apuntamentos (cousa necesaria na empresa) e, noutra orde de cousas, tende á distracción cando emprega medios informáticos para seguir unha explicación. Por iso, e a pesar de que esta materia conta con apuntamentos en Moodle para todo o temario, os alumnos non poderán empregar computadores, tabletas nin móbiles en clase, mentres o profesor estea a realizar unha explicación. Nestes momentos o alumno debe concentrarse na explicación e tomar notas manuscritas, ben como elemento de estudo, ben como complemento aos seus apuntamentos virtuais.

Para axudar a conseguir unha contorna sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol", débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

Por iso, a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia farase exclusivamente en formato electrónico. O alumno non debe empregar, por ningunha causa, material físico de tipo algún (papel, tinta, encadernación, etc.).

Ademais, baixo demanda, facilitarase a plena integración do alumnado que, tendo unha preparación previa adecuada para poder superar a materia, experimente dificultades (físicas, sensoriais, psíquicas, socioculturais) para un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes