Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
  VIBRACIÓNS
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio B1 B2 B4 B5 B6 B7 B9 C4 C6 Hai que asistir sistematicamente ás prácticas e elaboralas durante o curso, para que a profesora poida avaliar o traballo realizado e que se inclúa na cualificación final.
Non vale presentalas ao final sen asistir a clase, xa que, neste caso, non se terán en conta para a nota.
Vaise realizar unha prueba de dúas horas de duración na que os estudantes deben resolver con computador unha serie de problemas expostos pola profesora.
40
Traballos tutelados B1 B2 B4 B5 B6 B7 B9 C6 C4 O traballo involucra os contidos teóricos e prácticos desenvolvidos na materia. Débese realizar individualmente nas sesións de prácticas ao longo do curso e en casa, nas horas non presenciais asignadas a este proxecto. Vaise a realizar un seguimento individualizado da realización do traballo nas sesións de prácticas. Non vale presentar o traballo o último día sen asistir a clase, xa que, neste caso, non se terá en conta para a nota. 60
 
Observacións avaliación

O estudante, cuxa presencia ao longo do cuadrimestre sexa
insuficiente para realizar o seguimento do seu traballo, por dispensa académica
ou por outras causas, terá igualmente que elaborar e presentar as prácticas e o
traballo tutelado para a súa valoración. O seguimento do devandito traballo
efectuarase nas sesións de tutoría. Neste caso, o proceso de avaliación da
materia pode incluír ademais da presentación das prácticas e do traballo
tutelado, unha sesión práctica individual ou en grupo, na que o estudante
resolve manualmente e/ou co computador os problemas expostos pola profesora.

 

Para a segunda oportunidade pódese presentar o traballo pendente e
mellorar o xa realizado. O seguimento realízase en sesións de tutoría. A
avaliación realízase mediante a presentación das prácticas e dos traballos
tutelados pendentes e/ou mellorados. O proceso de avaliación da materia pode
incluír, ademais da presentación das prácticas e do traballo tutelado, unha
sesión práctica individual ou en grupo, na que o estudante resolve manualmente
e/ou co computador os problemas expostos pola profesora.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes