Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
  Modelización de Estruturas por Elementos Finitos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A1 A23 B2 B4 B5 B7 B9 C4 C6 Hai que asistir sistematicamente ás prácticas e elaboralas durante o curso, para que a profesora poida avaliar o traballo realizado e que se inclúa na cualificación final. Non vale presentalas ao final sen asistir a clase, xa que, neste caso, non se terán en conta para a nota.
No proceso de avaliación das prácticas de laboratorio vaise realizar unha practica nunha sesión, na que o estudante individualmente resolverá co computador os problemas expostos pola profesora.

30
Traballos tutelados A1 A23 B2 B4 B5 B7 B9 C4 C6 O traballo involucra os contidos teóricos e prácticos desenvolvidos na materia. Débese realizar individualmente nas sesións de prácticas ao longo do curso e en casa, nas horas non presenciais asignadas a este proxecto. Vaise a realizar un seguimento individualizado da realización do traballo nas sesións de prácticas. Non vale presentar o traballo o último día sen asistir a clase, xa que, neste caso, non se terá en conta para a nota.
70
 
Observacións avaliación

O estudante, cuxa presencia ao longo do cuadrimestre sexainsuficiente para realizar o seguimento do seu traballo, por dispensa académicaou por outras causas, terá igualmente que elaborar e presentar as prácticas e otraballo tutelado para a súa valoración. O seguimento do devandito traballoefectuarase nas sesións de tutoría. Neste caso, o proceso de avaliación damateria pode incluír ademais da presentación das prácticas e do traballotutelado, unha sesión práctica individual ou en grupo, na que o estudanteresolve manualmente e/ou co computador os problemas expostos pola profesora.

Para a segunda oportunidade pódese presentar o traballo pendente emellorar o xa realizado. O seguimento realízase en sesións de tutoría. Aavaliación realízase mediante a presentación das prácticas e dos traballostutelados pendentes e/ou mellorados. O proceso de avaliación da materia podeincluír, ademais da presentación das prácticas e do traballo tutelado, unhasesión práctica individual ou en grupo, na que o estudante resolve manualmentee/ou co computador os problemas expostos pola profesora.

Os criterios deavaliación da convocatoria adiantada de decembro serán os mesmos que os dasegunda oportunidade do ano anterior

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes