Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
  Actuadores e Sensores
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Actuadores e Sensores Código 730G03075
Titulación
Grao en Enxeñaría Mecánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Lugris Armesto, Urbano
Correo electrónico
urbano.lugris@udc.es
Profesorado
Lugris Armesto, Urbano
Sanjurjo Maroño, Emilio
Correo electrónico
urbano.lugris@udc.es
emilio.sanjurjo@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Nesta materia explícanse os diferentes tipos de sensores e actuadores empregados comunmente no control de máquinas. Así mesmo, estúdase a forma de conectalos e integralos nun algoritmo de control, que é executado nun microcontrolador ou ordenador. Para converter a lectura dos sensores en información utilizable polo controlador, ou as saídas do controlador en forzas ou momentos, hanse de utilizar sistemas de adquisición e xeración de sinais. Ao longo da materia realizaranse prácticas básicas con diferentes sistemas de adquisición, sensores, actuadores e controladores, para finalmente integrar todo na implementación do control dun mecanismo real.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Os contidos permanecen igual, só que se impartirán telemáticamente. 2. Metodoloxías Mantéñense todas as metodoloxías, coa diferenza de que pasan a ser telemáticas. As prácticas realizaranse usando software de simulación, en lugar de hardware real: -Circuítos electrónicos con Tina-TI, LTspice ou Tinkercad. -Programación de Arduino con Tinkercad. -Simulación de sistemas mecánicos programada en Python. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Total dispoñibilidade de moodle e correo electrónico para concertar tutorías telemáticas. 4. Modificacines na avaliación A avaliación será individual en lugar de por grupos. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes