Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
  Proxecto Interdisciplinar II
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais consistirán en seminarios especializados que teñan un interese significativo para a realización do proxecto para desenvolver polos alumnos. Estes seminarios impartiranse por profesores expertos nas súas respectivas areas de coñecemento e a asistencia será obrigatoria.
Traballos tutelados O traballo tutelado consistirá na realización en grupo do proxecto asignado aos alumnos, en concerto coas empresas colaboradoras. O obxectivo do proxecto será o desenvolvemento práctico e posible implementación, total ou parcial, dun prototipo dunha solución conceptual extraída da materia Proxecto Interdisciplinar I. Este desenvolvemento farase en varias fases. Ao final de cada unha o profesorado e os representantes das empresas proporcionarán o seu feedback e irán avaliando as propostas iniciais e guiando o desenvolvemento do proxecto.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes