Guia docenteCurso
Escuela Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
  Proxecto Interdisciplinar II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B7 B5 Traballo autónomo en grupos reducidos. Será necesario entregar os materiais (documento e presentación) en tempo e forma. Ademais, requirirá a exposición oral pública por parte de todos os integrantes do grupo de traballo, empregando para iso a presentación entregada. Terase en conta para a avaliación desta actividade a memoria e a presentación entregada así como as contestacións ás preguntas do profesor durante a presentación obrigatoria. A non realización da presentación supoñerá unha nota de cero.

Criterios xerais de avaliación:
* Claridade, extensión e calidade da memoria do traballo.
* Claridade e calidade da exposición oral do traballo.
* Dominio do tema e adecuación das contestacións do alumno ás preguntas do profesor na sesión de exposición.
100
 
Observacións avaliación
Se un alumno non supera a materia na primeira oportunidade, na segunda oportunidade unicamente poderá entregar a revisión e mellora daqueles traballos entregados e cualificados como non aptos previamente. 

A asistencia e participación aos seminarios e actividades de seguimento é obrigatoria para poder ser avaliado, non habendo métodos alternativos de avaliación para os alumnos matriculados a tempo parcial / con dispensa académica.

De acordo ao artigo 14, apartado 4 da normativa de avaliación, revisión e reclamación dos estudos de grao e máster universitario, cuxa última versión é do 29 de xuño de 2017, o plaxio de calquera traballo implicará a  cualificación de suspenso cun 0 no devandito traballo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes