Teaching GuideTerm
Higher Polytechnic University College
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Asignaturas
  CÁLCULO
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) CÁLCULO Código 730G04001
Titulación
Grao en enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Campo Cabana, Marco Antonio
Correo electrónico
marco.campo@udc.es
Profesorado
Campo Cabana, Marco Antonio
Correo electrónico
marco.campo@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle
Descrición xeral Nesta materia estudiarase fundamentalmente cálculo diferencial e integral para funcións de varias variables. Para iso será necesario antes introducir certos conceptos topolóxicos e comprender as funcións de varias variables a través do seu dominio e conxuntos de nivel. O cálculo diferencial permitirá abordar conceptos como o plano tanxente e as series de Taylor, ademais de empregarse para o cálculo de extremos. O cálculo integral introducirase repasando a integración de funcións de unha variable para logo xeneralizar os conceptos relacionados a funcións e varias variables.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Sesión maxistral - Solución de problemas (computa na avaliación) - Proba mixta (computa na avaliación) *Metodoloxías docentes que se modifican 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas e solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas. – Moodle:Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. – Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos na franxa horaria que ten asignada á materia no calendario de aulas da facultade. 1 sesión semanal en grupos medianos orientada a un seguimento máis persoal na resolución de exercicios do bloque temático que se está a desenvolver nas sesións teóricas. 4. Modificacións na avaliación Sen cambios na avaliación. *Observacións de avaliación: Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5)(29/5/212) avaliarase nas mesmas condicións que o resto do alumnado. 2.REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: 1. Obter unha puntuación igual ou superior a 5 puntos no global da avaliación. 2. Obter unha nota mínima de 1,75 puntos sobre 5 en cada un dos dous bloques en que se divide a materia nas probas mixtas. 3. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes