Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Asignaturas
  CÁLCULO
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A1 B1 B2 B3 B5 B7 C1 C4 C5 Tras a finalización dun bloque temático serán propostos pequenas coleccións de exercicios representativos do mesmo para a súa evaluación. Dependendo do bloque temático a resolución dos exercicios poderase realizar presencialmente nas clases de grupos medianos. 20
Proba mixta A1 B1 B2 B3 B5 B7 C1 C4 C5 Probas escritas que son utilizadas para a avaliación da aprendizaxe.
As probas constarán de dúas partes e a nota final será a suma das notas obtidas en cada unha de elas.

1) A avaliación da primeira parte realizarase no periodo de docencia mediante un exame parcial e farase, previsiblemente, en base ós contidos dos temas 1, 2, e 3. Esta parte será eliminatoria (no caso de superala, a nota gardarase para o presente curso ata a 2ª oportunidade) e recuperable.

2) A segunda parte realizarase no periodo usual de exames finais en xaneiro, xunto cunha recuperación para aqueles que non aprobaran a primeira parte no parcial.

No caso de aprobar algunha das dúas partes, ben sexa no parcial ou no exame final de xaneiro, o aprobado conservarase para o presente curso, ata a celebración do exame de 2ª oportunidade.
80
 
Observacións avaliación

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia ás clases avaliarase coa entrega de traballos e nas probas
mixtas nas mesmas condicións que o resto do alumnado.

A
avaliación na convocatoria adiantada de decembro
farase esclusivamente a través dunha proba mixta.

A
avaliación na 2ª oportunidade 
farase seguindo os mesmos criterios que na 1ª oportunidade.

A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación
implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na
convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación
obtida en todas as actividades de avaliación das dúas oportunidades.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes