Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Asignaturas
  FÍSICA I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A2 B2 Consta dunha proba parcial non eliminatorio a mediados do cuadrimestre e dunha proba final 90
Prácticas de laboratorio A2 B1 B2 B3 B7 C1 Obrigatorias: Non se permiten faltas non xustificadas 10
 
Observacións avaliación

Realizarase unha proba obxectiva parcial non eliminatorio ao longo do cuadrimestre para a avaliación continua e unha proba final coincidindo coa data do exame aprobada en Xunta de Centro.

A proba final constará dunha parte de teoría e unha parte de problemas da totalidade do temario.

A asistencia e a realización das prácticas de laboratorio son obrigatorias. O seu peso na cualificación establécese na táboa.

A nota final calcularase de acordo á seguinte fórmula:
0.1*PR+0.9*(0.4*T+0.6*PB)+0.1*PA
Sendo PR: Nota de prácticas; T: Nota de teoría do exame final; PB: Nota de problemas do exame final; PA: Nota do parcial en caso de ser maior ou igual a 5. No caso de que a nota do parcial sexa
inferior a 5 non se terá en conta na avaliación. Todas as notas calculadas sobre 10.  Os criterios de avaliación na 2ª oportunidade son os mesmos que os da 1ª oportunidade.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial NON ten dispensa académica de exención de asistencia para as Prácticas de laboratorio, aínda que se lle darán facilidades en canto ás datas de realización previa comunicación. Os criterios e actividades de avaliación para este alumnado serán os mesmos que para o resto de alumnos e indícanse na táboa.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes