Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Asignaturas
  INFORMÁTICA
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A3 B2 B4 C1 C4 Resolución de exercicios de programación de forma individual. En concreto realizaranse tres probas deste tipo durante o curso. As dúas primeiras serán probas que se realizarán nas aulas de informática do centro e nas que se empregará o computador para resolver exercicios de programación, mentres que a terceira consistirá na implementación dun programa de forma autónoma polo alumno (práctica de programación). Será imprescindible entregar os exercicios en tempo e forma seguindo as pautas específicas do enunciado publicado en cada caso. Tamén será obrigatoria a asistencia a unha sesión presencial para a práctica realizada de forma autónoma polo alumno, que consistirá na revisión do exercicio entregado e na cal se realizarán preguntas ao alumno sobre o mesmo. A non asistencia a esta sesión de revisión terá o mesmo efecto que se non se entregase a práctica.

Criterios xerais de avaliación:

* Adecuación dos exercicios entregados ás pautas expostas no enunciado.
* Calidade e eficiencia da solución exposta polo alumno.
* Respostas adecuadas ás preguntas realizadas polo profesor na sesión de revisión da práctica.

Nomenclatura empregada na sección de observacións para esta actividade:
P2: nota obtida na primeira proba de resolución de exercicios na aula (8% da nota final).
P3: nota obtida na segunda proba de resolución de exercicios na aula (8% da nota final).
P4: nota obtida na práctica autónoma de programación (8% da nota final).
24
Prácticas de laboratorio A3 B2 C1 C4 Consistirá na recompilación de todos os exercicios de programación realizados nas prácticas de laboratorio durante o curso. Estes exercicios deberán realizarse no tempo asignado ás clases prácticas, no laboratorio de informática, e entregaranse ao final das mesmas. Durante a realización destes exercicios, o alumno pode expor dúbidas ao profesor ou consultar os materiais que estime oportuno. Por tanto, esta actividade avaliará o traballo diario do alumno nas clases prácticas.

Criterios xerais de avaliación:
* Traballo e esforzo realizado polo alumno durante as clases.
* Adecuación das solucións realizadas para cada exercicio.

Nomenclatura empregada na sección de observacións para esta actividade:
P1: nota obtida nos exercicios realizados nas clases prácticas de laboratorio (6% da nota final).
6
Proba mixta A3 B2 C1 C4 Proba final da materia que consistirá na realización dun exame individual e por escrito. Esta proba terá unha parte de teoría e outra de programación na que o alumno terá que contestar a preguntas e resolver diversos exercicios de programación.

Criterios de avaliación xerais:
* Respostas correctas e solucións adecuadas ás preguntas e exercicios da proba.

Nomenclatura empregada na sección de observacións para esta actividade:
T1: nota obtida na parte de teoría desta proba (40% da nota final).
P5: nota obtida na parte de programación desta proba (30% da nota final).
70
 
Observacións avaliación

Para poder aprobar a materia o estudante deberá cumprir os seguintes requisitos (puntuación entre 0 e 10 en todas as actividades):

1) Lograr o 50% da nota máxima posible na actividade de teoría, é dicir, que 0,4× T1 sexa maior ou igual que 2.

2) Lograr o 50% da nota máxima posible ao calcular a suma ponderada das actividades de programación, é dicir, que a suma 0,06× P1 + 0,08× P2 + 0,08× P3 +0,08× P4 + 0,3× P5 sexa maior ou igual que 3.

3) Que a nota da parte de teoría no exame final ( T1) sexa maior ou igual que 5.

4) Que a nota da parte de programación no exame final ( P5) sexa maior ou igual que 3,5.

Se non se cumpren con todos os requisitos anteriores a  cualificación será de suspenso e a nota numérica máxima que se obterá, na oportunidade correspondente, será de 4,5 puntos. Se se cumpren os requisitos esixidos, a nota final calcularase da seguinte forma:

NOTA FINAL = 0,4× T1 + 0,06× P1 + 0,08× P2 + 0,08× P3 + 0,08× P4 + 0,3× P5

A asistencia ás clases non é obrigatoria, pero no caso das clases de prácticas ten un impacto na nota, xa que se non se asiste non se poden entregar os exercicios valorados en  P1.

Notas sobre as actividades:

- Todas as actividades terán unha única oportunidade para a súa entrega durante o curso académico, salvo a proba final (formada polas actividades  T1 e  P5) que terá dúas oportunidades oficiais de exame. Por tanto, a nota obtida durante o curso nas actividades  P1,  P2,  P3 e  P4 se garda para a oportunidade de xullo, NON SENDO POSIBLE REPETILAS.

- De acordo ao artigo 14, apartados 1 e 3 da normativa*, a copia ou intento de copia (ou calquera comportamento impropio) durante unha proba implicará a  cualificación de suspenso cun 0 nas dúas oportunidades da convocatoria anual.

- De acordo ao artigo 14, apartado 4 da mesma normativa, o plaxio de calquera traballo implicará a  cualificación de suspenso cun 0 no devandito traballo.

* Normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario, cuxa última versión é do 29 de xuño de 2017.

Os alumnos matriculados a tempo parcial na materia poderán obter a cualificación final da materia unicamente mediante unha proba mixta a realizar na mesma data de exame dos alumnos a tempo completo, nas dúas oportunidades da convocatoria anual. Esta proba terá unha parte de teoría e outra de programación adaptadas aos contidos globais da materia. Por tanto, estes alumnos non teñen a obrigatoriedade de entregar as actividades  P1,  P2,  P3 e  P4.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes