Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Asignaturas
  XESTIÓN EMPRESARIAL
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A6 B7 Corrección do exame de resposta múltiple, de acordo cos criterios que no seu momento se presenten.
O exame computara un 60% da nota de avaliación da materia.
Esíxese un rendemento mínimo do 40% na súa valoración para poder aprobar a materia.
60
Solución de problemas B5 B7 C2 C4 C6 Proposta e valoración de traballos por parte do alumno/s.
Os casos computaran un 5% da nota final de avaliación da materia;O seu caracter é voluntario.
5
Traballos tutelados B2 B4 B6 B8 C1 C3 C5 Valoración do Traballo do Curso elaborado en grupo.
Como a asignatura esta orientada á práctica, é imprescindible que os alumnos demostren a súa capacidade de análise global, co estudio dun caso específico reai.
A realizacion e exposicion do traballo e obrigatoria.
O traballo computara un 35% da nota de avaliación da materia.
Esíxese un rendemento mínimo do 30% na súa valoración para poder aprobar a materia, a os repetidores do ano anterior non se lles gardará a nota do traballo do ano anterior.
35
 
Observacións avaliación

O “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” comunicarán ó inicio do curso a súa situación os profesores da materia, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC” (Art.3.b e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b).

O alumnado nesta situación será avaliado na data aprobada na Xunta de Escola, mediante unha proba obxectiva sobre os contidos do paso 3 da Guía. Fara un traballo e a súa presentación a acordar cos profesores da materia, devandito traballo poderá ser individual ou grupal segundo o que se acorde co alumno segundo as súas necesidades. Así mesmo, establecerase unha pauta de tutorías consensudas co alumno para axudarlle a superar a materia. Na segunda oportunidade só terá que realizar a proba obxectiva.

Os alumnos que non seguiran a avaliación continua poderán ir a segunda oportunidade onde se aplicarán os mesmos criterios de avaliacíon que nos casos anteriores, esto tamen aplica a os alumnos de convocatoria adiantada.

Implicacións do plaxio, “a realización fraudulenta das probas o actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso “0” na materia e na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria”

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes