Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Asignaturas
  RESISTENCIA DE MATERIAIS
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A14 A20 B2 B3 B5 B6 B7 B9 C1 C2 C3 C4 C5 C6 Realizaranse unha serie de probas a través da plataforma Moodle. Todalas probas han de terse entregado coa máxima puntuación para que esta parte se evalúe. Non existe límite de intentos. 5
Proba mixta A14 B2 B3 B5 B6 B7 B9 C1 C2 C3 C4 C5 C6 Realizarase un exame final da asignatura no que haberá que sacar unha nota mínima de 4 sobre 10 para facer media coas prácticas e traballos tutelados. 70
Traballos tutelados A14 B2 B3 B5 B6 B7 B9 C1 C2 C3 C4 C5 C6 Traballo individual sobre os contidos da asignatura. Opcionalmente poderá optarse a participar en grupos de 2 ou 3 alumnos no concurso de pontes de espaguetti de Resistencia de Materiales da EPEF en troques do traballo individual. 25
 
Observacións avaliación

Os alumnos con dispensa académica quedan eximidos da
asistencia a clase, que, por outro lado, non é obrigatoria tampouco para os alumnos con dedicación a tempo completo.  O sistema de avaliación é análogo ó dos alumnos a tempo completo.

Na avaliación da segunda oportunidade o 70% da nota corresponde á proba mixta (exame final) e o 30% corresponde ó traballo tutelado.

A convocatoria adiantada evalúase como na segunda oportunidade.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes