Teaching GuideTerm
Higher Polytechnic University College
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Asignaturas
  FUNDAMENTOS DE AUTOMÁTICA
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) FUNDAMENTOS DE AUTOMÁTICA Código 730G04015
Titulación
Grao en enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial
Coordinación
Vega Vega, Rafael Alejandro
Correo electrónico
rafael.alejandro.vega.vega@udc.es
Profesorado
Vega Vega, Rafael Alejandro
Correo electrónico
rafael.alejandro.vega.vega@udc.es
Web
Descrición xeral Na industria actual, e mesmo entre os produtos máis comúns de consumo, úsanse múltiples sistemas os que se aplican modernos métodos de control . É por iso que se necesitan técnicos con capacidade para "entender", "desenvolver" e "aplicar" tales métodos. As Escolas e os Centros de estudo de Enxeñaría deben dotar os seus Alumnos coas competencias e os coñecementos necesarios para lles permitir, en particular, "entender" e "desenvolver", para que na súa entrada ao mundo do traballo, en colaboración coa experiencia da Empresa, "desenvolva" e "aplique" tales métodos con aínda máis profundidade. As funcións que permiten iso son, entre outras: - Comprender a utilidade do Control Automático, no noso caso, de sistemas lineais e continuos, e coñecer as súas aplicacións tanto industriais como en produtos de uso sistemático, como o son moitos dos consumidos habitualmente. - Coñecer e comprender os conceptos de estabilidade e precisión dos sistemas ralimentados de control. - Coñecer e saber utilizar métodos de análise necesarios para: - A modelaxe de sistemas físicos. - A análise de ambos dinámico e estático dos sistemas nos dominios do tempo e da frecuencia. - O proxecto do regulador máis axeitado, que atenda as especificacións esixidas polo usuario, para cada sistema de control. - Coñecer a finalidade de cada un dos elementos que forman parte dun sistema de control, como poden ser atuadores, sensores, reguladores, etc. - Elixir, de entre as numerosas posibilidades, a estrutura de control a implantar máis axeitada.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Sesión maxistral Solución de problemas Prácticas de Laboratorio Proba mixta *Metodoloxías docentes que se modifican Sesión maxistral: pasa a impartirse por audioconferencia grabada a través de Teams Solución de problemas: pasa a impartirse por audioconferencia grabada a través de Teams Prácticas de Laboratorio: pasan a impartirse sesións de simulación por audioconferencia grabada a través de Teams Proba mixta: pasa a realizarse de manera non presencial. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Teléfono (desviada aa extensión do despacho ao móvil particular), chats de Team e Email: se manteñen as horas de tutorías como referencia das mesmas e de cualquier tipo de duda, e se contacta con eles por medio do correo, chats de Teams e teléfono ao largo de toda a continxencia. Ademáis se establecerá dende o primeiro momento un equipo en Teams cos delegados onde se falará frecuentemente con eles acerca da situación e da evolución da Asignatura en canto a sua impartición e evaluación. 4. Modificaciones en la evaluación Proba mixta (60%): Test Moodle/Teams 10% e Examen Individual manuscrito Moodle/Teams 50% Solución de problemas (40%): Prácticas de Laboratorio 20% e Tareas 20% *Observacións de evaluación: De forma xeral, se manteñen as mesmas que figuran na guía docente Requisitos para poder superar a materia: 1- Asistencia as clases (80%) 2- É necesario obteer un 50% da puntuación no Examen Individual manuscrito para poder aprobar a asignatura 3- Na segunda oportunidad (JULIO), só se realizará o Examen individual manuscrito manténdose todas as demáis calificacións. 5. Modificacións da bibliografía o webgrafía Non se realizarán cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes