Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Asignaturas
  FUNDAMENTOS DE AUTOMÁTICA
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A11 A12 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 C1 C2 C4 C5 C6 Examen tipo proba obxectiva 70
Solución de problemas A11 A12 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 C1 C2 C4 C5 C6 Realización das tarefas establecidas na materia, no marco desta metodoloxía 30
 
Observacións avaliación

No marco da "Solución de
problemas" incluiranse os seguintes aspectos:

Prácticas de Laboratorio: avaliaranse pola participación do Alumno nas mesmas e
polos informes entregados cun máximo de 1 punto (10%). Consideraranse suspensas
cunha nota menor de 0.5 ou se non se realizan.

A realización das prácticas coa
súa correspondente cualificación conservaranse dous cursos académicos: o curso
de realización e o seguinte. Pasado este tempo, anúlanse e deberán repetirse.

Para aprobar a materia é
indispensable ter realizadas e aprobadas (mínimo de 0.5 puntos) as Prácticas de
Laboratorio.

Tarefas entregadas: exporanse ao longo do cuadrimestre a entrega de distintos
exercicios, problemas ou traballos. Estas tarefas poderán ser avaliadas polo
profesor co Alumno presente que deberá xustificar e explicar as súas entregas.

Avaliaranse cun máximo de 1 punto
(10%).

A entrega destas tarefas só
será avaliada se o Alumno asiste a clase, lugar no que  se plantexaran.

Asistencia e participación
activa
: a asistencia a clase
considérase fundamental e puntuarase cun máximo de 0.5 puntos (5%). Ademais
poderase puntuar con 0.5 puntos (5%) a participación activa na aula a todo
Alumno que responda e/ou participe nas cuestións e/ou exercicios expostos.

Estas puntuacións outorgaranse
se o Alumno asiste a un 80% das clases.

No marco da "Proba
mixta" hai que ter en conta:

Exame parcial: realizarase un exame parcial con carácter eliminatorio da
primeira parte da Materia. O Alumno que o aprobe, só se presentará á segunda
parte da Materia no exame da 1ª oportunidade. O Alumno que non se presente ou
non o aprobe, deberá presentarse ás dúas partes no exame da primeira
oportunidade.

Probas mixtas: en calquera proba
mixta (parcial, 1ª ou 2ª oportunidade), os exercicios e/ou problemas deberán
resolverse utilizando as técnicas e/ou métodos explicados polo Profesor na
aula.

Calquera outro método de
resolución empregado, anularase
.

No exame da 2ª oportunidade non
se gardarán partes e o Alumno examinarase de toda a Materia.

 É necesario
superar o 50% da puntuación na proba obxectiva para superar a materia.

 A
cualificación final da Materia será a suma da cualificación de "Solución
de problemas" e "Proba mixta" se na Proba mixta obtense o 50% ou
máis da súa puntuación.

 Se a
cualificación da Proba mixta é menor do 50%, entón a cualificación final da
Materia será a cualificación da Proba mixta.

 Os Alumnos con
"dispensa académica" deberán acreditar coñecementos prácticos da
Materia mediante un exame de Laboratorio. Este exame avaliarase como APTO ou
NON APTO. Para aprobar a Materia deberán obter 50 puntos sobre 70 na proba
obxectiva.

 Na segunda
oportunidade aplicaranse os mesmos criterios de avaliación que na primeira.

 Na
convocatoria adiantada (Decembro) aplícanse os mesmos criterios de avaliación,
a cualificación da metodoloxía "Solución de problemas" será a última
obtida polo alumno.









































 A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará
directamente a cualificación de suspenso ‘0’ na materia na convocatoria
correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as
actividades de avaliación de face á convocatoria extraordinaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes