Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
Inicio | galego | castellano | english | A A |
Grao en enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
Asignaturas
MÁQUINAS TERMICAS E HIDRAULICAS
Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B2 B7 C4 Os traballos tutelados consistirán en problemas a resolver polo alumno xunto coa realización da memoria de prácticas. Una vez superada a proba mixta, utilizarase a nota media dos traballos tutelados para obter a nota media ponderada final da materia. 30
Proba mixta B2 O alumno que aprobe algunhas das probas mixtas conservará esta nota e liberará a parte correspondente da materia nas convocatorias do presente curso académico. 70

Observacións avaliación

A parte de Máquinas Térmicas ten un peso do 60% da nota media e a de Máquinas Hidráulicas do 40%. Para aprobar a materia o alumno necesita unha nota media igual ou superior a 5 en cada unha destas dúas partes. Ademais, o exame de cada parte da materia dividirase en teoría e problemas cun peso do 50% cada unha en Máquinas Hidráulicas e de 60% en problemas e 40% en teoría en Máquinas Térmicas, sendo necesario obter unha nota mínima de 3.5 en cada unha de de as partes para que se poida cualificar o exame. O exame da primeira convocatoria ordinaria da materia terá tamén a
consideración de proba mixta para a segunda parte da materia (Máquinas
Hidráulicas), polo que quen aprobe esta parte do exame, liberaraa e
conservará a nota para a seguinte convocatoria dentro do mesmo curso
académico.

As prácticas de laboratorio son obrigatorias e imprescindibles para que o alumno poida aprobar a materia. A nota de prácticas obterase da avaliación da memoria que o alumno ha de realizar a partir da parte de prácticas realizada na  EPS e cuxa cualificación será considerada como parte da nota final dos traballos  tuteados. Esta nota só terase en conta para a obtención da nota media ponderada final da materia nos casos en que o alumno superase as probas mixtas nas condicións expresadas antes.

Aqueles alumnos con dispensa académica, deberán realizar:

As prácticas de laboratorio

As memorias de prácticas de laboratorio

A proba mixta

Con todo as alumnas e os os alumnos con dispensa académica poderán, acordar coas e os docentes da materia datas alternativas para a realización das prácticas, a entrega das memorias de prácticas ,e as probas mixtas, incluíndo o parcial. Estas datas alternativas deberán estar dentro dos prazos que marca o calendario oficial.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes